Tamén podedes consultar os días que corresponden en cada caso e imprimir a solicitude (val tanto para estas continxencias, como para asuntos propios ou mesmos as vacacións).
Benvidos
lunes, 7 de noviembre de 2016
Aclaración sobre os graos de parentesco e os días de permiso por continxencias
Recentemente tivemos algunhas consultas sobre as posibilidades de solicitar un permiso, ante un falecemento dun familiar. Para que teñades claro esas dúbidas, ddxuntamosvos un cadro explicativo de cal é o grao de parentesco en cada un dos casos.
Tamén podedes consultar os días que corresponden en cada caso e imprimir a solicitude (val tanto para estas continxencias, como para asuntos propios ou mesmos as vacacións).
Tamén podedes consultar os días que corresponden en cada caso e imprimir a solicitude (val tanto para estas continxencias, como para asuntos propios ou mesmos as vacacións).
Etiquetas:
continxencias,
falecemento,
graos de parentesco,
permiso,
UGT Ayuntamiento de Betanzos,
UGT Concello Betanzos
O Convenio irá ao pleno, para cando?
O pasado 20 de xuño os representantes do Comité de Empresa asinaron o novo convenio colectivo do Concello, mais dende entón o equipo de goberno non deu máis pasos neste sentido e ten paralizado o novo convenio colectivo nas oficinas municipais, sen someter o texto á súa aprobación plenaria.
O equipo de goberno socialista segue a ter arquivado o Convenio Colectivo no Concello sen presentalo ao pleno.
Hai que lembrar que o convenio foi asinado en marzo do 2015, e tras ser sometido a unha serie de modificacións legais, finalmente asinouse en xuño deste ano o que debería ser a versión definitiva do mesmo. Pasou o verán e seguimos sen que o PSOE leve o texto ao pleno. Estamos ante unha falta de vontade en axilizar o asunto, pois non existe neste caso a excusa dunha carencia de fondos ou calquer outro pretexto asociado a un presuposto.
O caso é que despois de varios anos de negociacións e de ter aboado 21.000 euros a unha empresa por un asesoramento neste tema, este tempo e estes cartos aínda no serviron para nada, por unha teima do goberno local en manter unha situación que non beneficia a ninguén e que mesmo provocou que outras organizacións políticas locais se manifestasen nos últimos tempos apoiando aos traballadores do concello.
O Concello saca a licitación os traballos de elaboración da RPT
O Concello publicou no BOP a licitación do servizo de "Asistencia técnica e xurídicoa no deseño, confección e implantación efectiva dunha RPT e un Plan de ordenación de RRHH no Concello de Betanzos, anos 2016-2019"
Este ten un prazo de execución de 2 anos e medio.
Este ten un prazo de execución de 2 anos e medio.
viernes, 13 de mayo de 2016
O concello da un día adicional de permiso para compensar que a festividade de Santa Rita caea en domingo.
O Concello comunicou que se concede un día adicional por coincidir en domingo a Festividade de Santa Rita.
martes, 3 de mayo de 2016
miércoles, 30 de marzo de 2016
Aberto o prazo para participar nas revisións médicas que se realizarán no mes de abril.
Dende o Concello veñen de notificarnos que xa hai datas para realizar as revisións médicas deste ano. Concretamente serán os días 5,6,8,11,15,20,21 e 22 de abril.
O motivo de que haxa tantas datas será porque este ano as revisións realizaranse na Coruña, concretamente na Rúa Rafael Alberti. Por ese motivo o Concello porá a disposición dos traballadores unha furgoneta que sairá nas datas indicadas de diante do Edificio Liceo ás 8:30 horas, levando a 8 traballadores cada día ata a clínica coruñesa. Tras a realiación dos recoñecementos os traballadores/as serán recollidos e trasladados na furgoneta municipal de novo a Betanzos.
Como tan só irán 8 traballadores a revisión en cada xornada é preciso inscribirse previamente no Edificio Liceo falando con Justo Pedreira que organizará as quendas.
Tamén podedes pedir vez chamando ao 981 77 00 11, marcando a extensión 2251.
O motivo de que haxa tantas datas será porque este ano as revisións realizaranse na Coruña, concretamente na Rúa Rafael Alberti. Por ese motivo o Concello porá a disposición dos traballadores unha furgoneta que sairá nas datas indicadas de diante do Edificio Liceo ás 8:30 horas, levando a 8 traballadores cada día ata a clínica coruñesa. Tras a realiación dos recoñecementos os traballadores/as serán recollidos e trasladados na furgoneta municipal de novo a Betanzos.
Como tan só irán 8 traballadores a revisión en cada xornada é preciso inscribirse previamente no Edificio Liceo falando con Justo Pedreira que organizará as quendas.
Tamén podedes pedir vez chamando ao 981 77 00 11, marcando a extensión 2251.
martes, 22 de marzo de 2016
Esperando polo Convenio...e a RPT para cando?
Neste mes de marzo cumprimos un ano dende que se asinara un novo convenio colectivo.
Convenio que contou cunha longa negociación e no que estivemos dacordo na gran parte do seu contido.
As discrepancias viñeron porque UGT no seu momento indicou aos traballadores que non deberían aceptar que se lles vendese fume, con esa promesa de que pasarían a ser personal laboral indefinido si foran contratados con anterioridade ao 2010.
Agora o tempo deu a razón a UGT, a Xunta de Galicia rexeitou por activa e por pasiva esa clausula, mentres que a CIG no seu momento a defendeu en asambleas de traballadores indicando que era viable, agora desmarcase dicindo que foi unha teima persoal do concelleiro e da empresa contratada polo concello.
O outro punto que non gustou a UGT foron os criterios de reparto da suba salarial, os grupos con salarios máis altos eran os que tiñan unha suba máis destacada, quedando os restos para os colectivos máis numerosos e con salarios máis baixos. Suba defendida con uñas e dentes pola presidenta do Comité, que sería curiosamente a traballadora máis beneficiada levándose o 12,14% desta partida orzamentaria.
Estes 2 puntos, fixeron que optasemos pola abstención (que non é o mesmo que votar en contra) dun texto que no resto de apartados nos parecíeu bastante acertado.
O caso é que un ano despois seguimos a esperar, as últimas novas é que haberá que quitar a famosa clausula de indefinición. As últimas informacións proporcionadas é que nestes días se enviará de novo coas modificacións indicadas pola inspectora e que a previsión é que poida ir ao pleno de abril de novo para ser ratificado polo pleno,
RPT para cando?
Si a historia do Convenio ten moito detrás, non lle desmerece a da elaboración da RPT.
A principios da pasada lexislatura intentou colarsenos un amago de RPT que rexistrou un aluvións de reclamacións por parte dos traballadores, o que fixo que fose rexeitada polo pleno.
A partir de ahí o Convenio pasou a ser a prioridade e nel se gastaron os 4 anos da pasada lexislatura.
A comezos desta, concretamente o pasado 26 de novembro. Convouse a Mesa Xeral de Negociación e nela indicouse aos membros da Mesa Xeral de Negociación que a intención era poñerse a traballar o antes posible na elaboración da RPT.
Pasaron 4 meses e nesta semana saía unha entrevista do alcalde Ramón García no xornal El Ideal Gallega, nela dicía literalmente "Está pendiente la elaboración de la RTP. Es necesaria una reclasificación de puestos de trabajo, pero en muchos casos esto requiere cuantías económicas, y éstas están “sujetas” por ley en toda España. Ese es el principal problema, pero confío en que, con voluntad, se pueda ir solventando. Estos días estamos analizando la posibilidad de contratar la continuidad de los trabajos…"
A quen facer caso entón, ao Concelleiro de Persoal cando nos indicou que se ían a poñer a traballar canto antes na elaboración da mesma e que ían a contratar a unha empresa ou ao Alcalde que índica que están analizando a posibilidade de contratar a mesma. Non sabemos a estas alturas que tipo de análises fan... tiveron case 5 anos para facer todo tipo de cabalas, é tempo de traballar e poñerse coa RPT dunha vez por todas.
Aquí podes consultar as últimas declaracións do alcalde sobre o Convenio e RPT.
Axudas sociais. O comité de empresa xa informou sobre as mesmas.
O pasado luns 14 de marzo o Comité de Empresa entregou o informe correspondente ás axudas sociais do ano 2015.
O Comité lembroulle ao Concello que debería publicar as listas provisionais e definitivas e ofertar uns prazos de reclamación para o persoal que non estea de acordo nalgún dos aspectos da axuda ou da contía que lle foi concedida.
Igual que en anos anteriores a partida orzamentaria foi insuficiente. A partida orzamentaria era de 25.000 euros e cantidade de axudas solicitades ascende á 27732,08 euros, dos cales 14750,48 euros se corresponden con axudas solicitadas polo persoal laboral e o resto polos funcionarios. Motivo poloa cal dende o Comité de Empresa acordamos solicitar ao Concello que a amplíe de cara a cubrir todas as solicitudes. Tamén se lle solicitou que indicie os trámites para poder asinar un novo regulamento de axudas sociais. Algo que estamos a agardar dende fai varios anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Páxina da UGT no Concello de Betanzos
- UGT Persoal do Concello de Betanzos
- Betanzos, A Coruña, Spain
- Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos