Dende o Concello veñen de notificarnos que xa hai datas para realizar as revisións médicas deste ano. Concretamente serán os días 5,6,8,11,15,20,21 e 22 de abril.
O motivo de que haxa tantas datas será porque este ano as revisións realizaranse na Coruña, concretamente na Rúa Rafael Alberti. Por ese motivo o Concello porá a disposición dos traballadores unha furgoneta que sairá nas datas indicadas de diante do Edificio Liceo ás 8:30 horas, levando a 8 traballadores cada día ata a clínica coruñesa. Tras a realiación dos recoñecementos os traballadores/as serán recollidos e trasladados na furgoneta municipal de novo a Betanzos.
Como tan só irán 8 traballadores a revisión en cada xornada é preciso inscribirse previamente no Edificio Liceo falando con Justo Pedreira que organizará as quendas.
Tamén podedes pedir vez chamando ao 981 77 00 11, marcando a extensión 2251.
Benvidos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Páxina da UGT no Concello de Betanzos
- UGT Persoal do Concello de Betanzos
- Betanzos, A Coruña, Spain
- Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos
No hay comentarios:
Publicar un comentario