Benvidos

martes, 22 de marzo de 2016

Esperando polo Convenio...e a RPT para cando?

Neste mes de marzo cumprimos un ano dende que se asinara un novo convenio colectivo.
Convenio que contou cunha longa negociación e no que estivemos dacordo na gran parte do seu contido. 
As discrepancias viñeron porque UGT no seu momento indicou aos traballadores que non deberían aceptar que se lles vendese fume, con esa promesa de que pasarían a ser personal laboral indefinido si foran contratados con anterioridade ao 2010. 
Agora o tempo deu a razón a UGT, a Xunta de Galicia rexeitou por activa e por pasiva esa clausula, mentres que a CIG no seu momento a defendeu en asambleas de traballadores indicando que era viable, agora desmarcase dicindo que foi unha teima persoal do concelleiro e da empresa contratada polo concello. 
O outro punto que non gustou a UGT foron os criterios de reparto da suba salarial, os grupos con salarios máis altos eran os que tiñan unha suba máis destacada, quedando os restos para os colectivos máis numerosos e con salarios máis baixos. Suba defendida con uñas e dentes pola presidenta do Comité, que sería curiosamente a traballadora máis beneficiada levándose o 12,14% desta partida orzamentaria.
Estes 2 puntos, fixeron que optasemos pola abstención (que non é o mesmo que votar en contra) dun texto que no resto de apartados nos parecíeu bastante acertado.
O caso é que un ano despois seguimos a esperar, as últimas novas é que haberá que quitar a famosa clausula de indefinición. As últimas informacións proporcionadas é que nestes días se enviará de novo coas modificacións indicadas pola inspectora e que a previsión é que poida ir ao pleno de abril de novo para ser ratificado polo pleno, 

RPT para cando?

Si a historia do Convenio ten moito detrás, non lle desmerece a da elaboración da RPT. 
A principios da pasada lexislatura intentou colarsenos un amago de RPT que rexistrou un aluvións de reclamacións por parte dos traballadores, o que fixo que fose rexeitada polo pleno. 
A partir de ahí o Convenio pasou a ser a prioridade e nel se gastaron os 4 anos da pasada lexislatura.
A comezos desta, concretamente o pasado 26 de novembro. Convouse a Mesa Xeral de Negociación e nela indicouse aos membros da Mesa Xeral de Negociación que a intención era poñerse a traballar o antes posible na elaboración da RPT. 
Pasaron 4 meses e nesta semana saía unha entrevista do alcalde Ramón García no xornal El Ideal Gallega, nela dicía literalmente "Está pendiente la elaboración de la RTP. Es necesaria una reclasificación de puestos de trabajo, pero en muchos casos esto requiere cuantías económicas, y éstas están “sujetas” por ley en toda España. Ese es el principal problema, pero confío en que, con voluntad, se pueda ir solventando. Estos días estamos analizando la posibilidad de contratar la continuidad de los trabajos…
A quen facer caso entón, ao Concelleiro de Persoal cando nos indicou que se ían a poñer a traballar canto antes na elaboración da mesma e que ían a contratar a unha empresa ou ao Alcalde que índica que están analizando a posibilidade de contratar a mesma. Non sabemos a estas alturas que tipo de análises fan... tiveron case 5 anos para facer todo tipo de cabalas, é tempo de traballar e poñerse coa RPT dunha vez por todas.
Aquí podes consultar as últimas declaracións do alcalde sobre o Convenio e RPT.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores