Benvidos

martes, 22 de marzo de 2016

Axudas sociais. O comité de empresa xa informou sobre as mesmas.

O pasado luns 14 de marzo o Comité de Empresa entregou  o informe correspondente ás axudas sociais do ano 2015.
O Comité lembroulle ao Concello que debería publicar as listas provisionais e definitivas e ofertar uns prazos de reclamación para o persoal que non estea de acordo nalgún dos aspectos da axuda ou da contía que lle foi concedida. 
Igual que en anos anteriores a partida orzamentaria foi insuficiente. A partida orzamentaria era de 25.000 euros e cantidade de axudas solicitades ascende á 27732,08 euros, dos cales 14750,48 euros se corresponden con axudas solicitadas polo persoal laboral e o resto polos funcionarios. Motivo poloa cal dende o Comité de Empresa acordamos solicitar ao Concello que a amplíe de cara a cubrir todas as solicitudes. Tamén se lle solicitou que indicie os trámites para poder asinar un novo regulamento de axudas sociais. Algo que estamos a agardar dende fai varios anos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores