O pasado 20 de xuño os representantes do Comité de Empresa asinaron o novo convenio colectivo do Concello, mais dende entón o equipo de goberno non deu máis pasos neste sentido e ten paralizado o novo convenio colectivo nas oficinas municipais, sen someter o texto á súa aprobación plenaria.
O equipo de goberno socialista segue a ter arquivado o Convenio Colectivo no Concello sen presentalo ao pleno.
Hai que lembrar que o convenio foi asinado en marzo do 2015, e tras ser sometido a unha serie de modificacións legais, finalmente asinouse en xuño deste ano o que debería ser a versión definitiva do mesmo. Pasou o verán e seguimos sen que o PSOE leve o texto ao pleno. Estamos ante unha falta de vontade en axilizar o asunto, pois non existe neste caso a excusa dunha carencia de fondos ou calquer outro pretexto asociado a un presuposto.
O caso é que despois de varios anos de negociacións e de ter aboado 21.000 euros a unha empresa por un asesoramento neste tema, este tempo e estes cartos aínda no serviron para nada, por unha teima do goberno local en manter unha situación que non beneficia a ninguén e que mesmo provocou que outras organizacións políticas locais se manifestasen nos últimos tempos apoiando aos traballadores do concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario