Benvidos

lunes, 5 de marzo de 2012

UGT informa aos veciños da comarca das consecuencias da nova reforma laboral

UGT informou aos veciños da comarca betanceira de cal vai ser o alcance e as consecuencias da nova reforma laboral. Nunha charla celebrada o pasado 1 de marzo na Aula de Cultura do Edificio Liceo de Betanzos, o secretario xeral da Federación de Servizos Públicos, Luis Baneira informou aos presentes sobre as principais modificacións que este Real Decreto traía consigo.
Á esta charla informativa acudiron veciños de Betanzos e doutros concellos limítrofes como Paderne, Miño ou Bergondo. Nela, Luis Baneira explicou cunha serie de diagramas e exemplos gráficos cales serían as situacións coas que se podería atopar actualmente un traballador respecto á anterior lexislación. A charla rematou cun turno de preguntas no que varios participantes se animaron a intervir.
Esta charla celebrouse por iniciativa dos delegados de UGT no concello de Betanzos que viron a oportunidade de informar a todos os traballadores do séctor público e privado de cales son as nefastas consecuencias que esta lexislación acarreará para o traballador.
REPERCUSIÓN NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Así na charla poidemos coñecer que o novo decreto, introduce condicións máis restrictivas para as Administracións Públicas, parecendo buscar directamente o despido. Pois nas Administracións Públicas só se contempla unha modalidade de ERE, a de reducción de plantilla, frente ás empresas privadas nas que se pode chegar a un acordo para reducir a xornada dos traballadores e non ter que chegar así á fórmula dos despidos, ou ben extinguir contratos de forma rotatoria e temporal para que non haxa que despedir a ninguén definitivamente. A isto súmase unha situación paradóxica podería darse no noso concello, pois a nova lexislación preve que si se denuncia un convenio e no prazo de dous anos non se asina un novo, aplicarase automáticamente o convenio de ámbito superior nese séctor, como na Admón Local, non teríamos ese tipo de regulmento quedaríamos a expensas do que dicta o Estatuto dos Traballadores, incluso en cousas tan básicas como salarios. Ámbito no que esta norma só ten como referencia o salario mínimo interprofesional, salario que podería aplicarse a todo o persoal no caso de non chegarse a ese acordo no convenio. Agardemos que estas situacións non cheguen a darse, pero estes son algúns dos camiños ou corredoiras perigosas que abre a nova regulación laboral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores