Benvidos

miércoles, 28 de marzo de 2012

Hai motivos para a folga

1. Porque a Reforma Laboral lesiona dereitos constitucionais e desmantela as bases do dereito ao traballo

2. Porque non crea nin vai crear emprego, e o goberno xa o dixo.

3. Porque non busca crear emprego, senón despedir facilmente.

4. Porque non é unha Reforma: é unha regresion social e laboral de magnitudes descoñecidas na nosa democracia.

5. Porque, volve converter aos empresarios en amos.

6. Porque é a reforma do despido fácil, rápido, barato, blindado e universal.

7. Porque significa a inseguridade permanente para o traballador no seu posto de traballo

8. Porque deixa ao traballador a mercé da vontade e o capricho dos empresarios.

9. Porque é un traxe á medida para os intereses da patronal.

10. Porque trata aos enfermos como sospeitosos.

11. Porque trata aos parados como presuntos delincuentes.

12. Porque lle toma directamente o pelo aos mozos e mozas e déixalles sen nengún tipo de horizontes.

13. Porque se acabou aquilo de poder conciliar vida familiar e profesional.

14. Porque fan cos traballadores e traballadoras o que nin por asomo atrévense a facer cos bancos, especuladores, cos defraudadores que son os responsables desta crise.

15. Porque nos afasta de Europa e nos achega a países asiáticos e africanos, onde se traballa en situación de semiescravitude.

16. Porque o empobrecemento dos traballadores e traballadoras non pode ser o horizonte de futuro dos nosos fillos.

17. Porque sabes que a reforma laboral non é un conto de terror que pertence ós sindicatos senón unha realidade moi dura que xa estase aplicando.

18. Porque é a reforma da redución salarial.

19. Porque e a reforma que rompe o equilibrio da negociación colectiva e deixa a conflictividade como única saída para resolver os problemas.

20. Porque introduce o despido nas administracións públicas para reducilas, seguindo unha folla de ruta ideoloxica de desarticulación progresiva do estado do benestar, provocado por unha brutal redución do gasto publico que producirá un coma irreversible dos servizos públicos esenciais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores