Hoxe tivo lugar a primeira reunión de negociación do convenio colectivo do persoal laboral do Concello de Betanzos. Nesta primeira xuntanza abordaronse os dous primeiros capitulos que falan de disposicións xerais como sería o ámbito de aplicación do convenio, o persoal ao que lle afectaría etc. e por outra banda dos organismos de seguimento e control dos memos. O concello introduciu algunha pequena matización nalgún dos artículos, pero basicamente aprobouse o articulado tal e como estaba na proposta do Comité de Empresa.
Despois de Semana Santa retomaranse as negoacións de novo.Si algún de vós non ten o texto da proposta de convenio que repartimos antes do nadal nos distintos departamentos, pode solicitalo a través do correo escribindo a ugtconcellobetanzos@gmail.com, ou ben falando con calquera dos delegados Alfredo Veiga, José Manuel Montes ou José Luis Sobrino.
Tamén podedes buscarnos no Facebook como ugtconcellobetanzos e contactar a través dese medio
No hay comentarios:
Publicar un comentario