Benvidos

jueves, 16 de julio de 2015

Tres formacións amosaron o seu apoio á petición de que non se desmantele o servizo de limpeza.

Fai uns días o comité de empresa enviou unha nota aos partidos políticos do concello pedindo o seu apoio para que non se desmantele o servizo de limpeza. De momento foron 3 partidos os que manifestaron o seu descontento coas últimas medidas adoptadas dende o Concello en relación ao servizo de limpeza e coa nota que se enviou dende o Comité de Empresa, para denunciar a situación deste. Nela faciase un relato da situación do servizo, que foi apoiado por BNG, CXG e Betanzos Novo.
Agardamos que o Partido Popular se sume tamén a esta reivindicación e que o PSOE, como responsable destas últimas medidas erróneas, saiba enmedar o rumbo para solventar unha situación que pasa por ser ilóxica e insostible.
Mentres as traballadoras despedidas no pasado mes xa presentaron as reclamacións pola improcedencia dos seus despedimentos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores