Estamos sorprendidos e indignados polos novos pasos a nivel de xestión de personal e contratación está a dar o Concello.
As últimas novas son que contratou a unha empresa privada para facer a limpeza tras ter despedido hai unha semanas a 2 compañeiras, que se encargaban da limpeza do aulario. A situación no servizo de limpeza é penosa e insostible. Con xubilacións que non se cubriron e baixas de curta, media e longa duración que seguen sen ser cubertas.
Iso implica que, a día de hoxe, se ocupen de todos os edificios municipais e centros educativos, tan só 3 traballadores máis a empresa privada, que parece ser a fórmula que máis esta a gostar ao concello últimamente.
Por todo isto, O comité de Empresa convocou para este martes unha concentración diante do Concello ás 20:10 horas, para protestar contra as políticas de recortes e de privatización de servizos que está a facer o goberno municipal. Dende UGT animamosvos a participar para apoiar un servizo público esencial.
As interpretacións da lei son moi particulares por parte do equipo de goberno, xa que ao exposto anteriormente súmase que acaban de convocar unha praza para patrón da embarcación municipal pese a que esta praza non existía na actual RPT,
A lista de desatinos segue pois néganse a cubrir as baixas da policía local, e mesmo a contratar auxiliares de policía local para este verán, cando o verán pasado si que se fixo e as condicións a nivel legal son as mesmas.
E por último, a principios deste ano, o goberno socialista deu un toque máis de precariedade á praza de Axente Ticc, ao reducir a xornada laboral do mesmo de 37,5 a 30 horas semanais. Precariedade que se traduce en que neste ano xa levamos dous Axentes Tic, e que algúns dos chamados no seu momento renunciaron a ocupar a praza. Unha precariedade que podería levar ao concello mesmo a perder a subvención ao non cumprir o mínimo de horas formativas requeridas.
Neste aspecto o caso máis significativo foi a da Axente Tic que desenvolveu o seu traballo durante 3 anos e que este ano decidiu non presentarse á praza, tras ter superado durante 3 anos consecutivos o concurso oposición, o cansancio por ter que superar esta proba ano tras ano, e padecer en todas estas ocasións un parón de 3 ou 4 meses entre a fin de contrato e a convocatoria de novo da praza, xunto coa reducción de xornada, inclinarona a optar por esa decisión.
Foron varios as axentes TIC que padeceron esta situación e o mesmo ocorreu con varias orientadoras laborais.
Estes dous postos estánse (Axente Tic e Orientadora Laboral) estánse a convocar polo concello en base a unha subvención que se renova anualmente.
Deste xeito a convocatoria faise no primeiro trimestre e o traballador/a incorporase en abril ou maio (con sorte) rematando en decembro o seu contrato. Isto supón que cando o traballador/a está no seu máximo rendimento por coñecer o funcionamento do servizo, aos compañeiros e aos usuarios, remata o seu traballo, tendo que enfrontarse dentro duns meses de novo a unha nova proba para renovar a praza.
Dende UGT consideramos que hai determinados postos que deberían de ser estructurais dentro do deseño de servizos deste concello, e polo tanto estar incluidos na RPT.
Dende UGT lanzamos esta pregunta que é máis importante para o desenrolo dun pobo, que as súas xentes poidan formarse no acceso ás novas tecnoloxías ( a través do/a Axente TIC), acceder ás ofertas e canales de selección de emprego (coa orientación laboral), ter limpos os edificios e seguridade nas rúas (limpadoras e policías) ou unha lancha para labores de ocio que funcione uns cantos meses ao ano?
No hay comentarios:
Publicar un comentario