Benvidos

miércoles, 29 de julio de 2015

El pleno aprueba mantener la gestión directa del servicio de limpieza

 Ayer se celebró la concentración frente a las puertas del Concello antes de la celebración del pleno para protestar contra el desmantelamiento del servicio de limpieza. En esta protesta participaron los dos sindicatos con representación en el comité, UGT y CIG al que se unió el sindicato con mayor representación entre los funcionarios, CSIF. En la concentración participaron también las dos compañeras que se encargaban de la limpieza del aulario y que han sido despedidas recientemente
La precaria situación de la plantilla de limpieza (actualmente tres), la no cobertura de las bajas y jubilaciones y el despido de dos de las trabajadoras del aulario, fueron los detonantes que nos han llevado a tener que tomar medidas de presión, para que el equipo de gobierno opte por cambiar el rumbo en lo referente a políticas de personal.

Al final de la concentración comenzó un pleno en el que se  debatió una moción pactada por BNG, Betanzos Novo y Compromiso por Galicia en apoyo a las reivindicaciones de la plantilla y en la que exigían al Gobierno un compromiso de mantener la gestión directa del servicio y de velar porque el personal de limpieza realice su labor en unas condiciones dignas. Pasadas  las doce de la noche y tras un dilatado debate, la Corporación aprobó por unanimidad la propuesta. Nos satisface que finalmente haya habido un acuerdo de todos en este punto, pero habrá que esperar a las próximas semanas y meses, para ver si se ha tratado de un simple brindis al sol, o el equipo de gobierno cambiar realmente su forma de actuar en la gestión de personal y apuesta por reforzar unos servicios que son básicos para el bien de la población betanceira.

viernes, 24 de julio de 2015

Indignados polos últimos pasos na xestión de persoal do Concello

Estamos sorprendidos e indignados polos novos pasos a nivel de xestión de personal e contratación está a dar o Concello. 
As últimas novas son que contratou a unha empresa privada para facer a limpeza tras ter despedido hai unha semanas a 2 compañeiras, que se encargaban da limpeza do aulario. A situación no servizo de limpeza é penosa e insostible. Con xubilacións que non se cubriron e baixas de curta, media e longa duración que seguen sen ser cubertas. 

Iso implica que, a día de hoxe, se ocupen de todos os edificios municipais e centros educativos, tan só 3 traballadores máis a empresa privada, que parece ser a fórmula que máis esta a gostar ao concello últimamente.
 Por todo isto, O comité de Empresa convocou para este martes unha concentración diante do Concello ás 20:10 horas, para protestar contra as políticas de recortes e de privatización de servizos que está a facer o goberno municipal. Dende UGT animamosvos a participar para apoiar un servizo público esencial.

As interpretacións da lei son moi particulares por parte do equipo de goberno, xa que ao exposto anteriormente súmase que acaban de convocar unha praza para patrón da embarcación municipal pese a que esta praza non existía na actual RPT, 

A lista de desatinos segue pois néganse a cubrir as baixas da policía local, e mesmo a contratar auxiliares de policía local para este verán, cando o verán pasado si que se fixo e as condicións a nivel legal son as mesmas.

E por último, a principios deste ano, o goberno socialista deu un toque máis de precariedade á praza de Axente Ticc, ao reducir a xornada laboral do mesmo de 37,5 a 30 horas semanais. Precariedade que se traduce  en que neste ano xa levamos dous Axentes Tic, e que algúns dos chamados no seu momento renunciaron a ocupar a praza. Unha precariedade que podería levar ao concello mesmo a perder a subvención ao non cumprir o mínimo de horas formativas requeridas.

Neste aspecto o caso máis significativo foi a da Axente Tic que desenvolveu o seu traballo durante 3 anos e que este ano  decidiu non presentarse á praza, tras ter superado durante 3 anos consecutivos o concurso oposición, o cansancio por ter que superar esta proba ano tras ano, e padecer en todas estas ocasións un parón de 3 ou 4 meses entre a fin de contrato e a convocatoria de novo da praza, xunto coa reducción de xornada, inclinarona a optar por esa decisión.
Foron varios as axentes TIC que padeceron esta situación e o mesmo ocorreu con varias orientadoras laborais. 

Estes dous postos estánse (Axente Tic e Orientadora Laboral) estánse a convocar polo concello en base a unha subvención que se renova anualmente. 
Deste xeito a convocatoria faise no primeiro trimestre e o traballador/a incorporase en abril ou maio (con sorte) rematando en decembro o seu contrato. Isto supón que cando o traballador/a está no seu máximo rendimento por coñecer o funcionamento do servizo, aos compañeiros e aos usuarios, remata o seu traballo, tendo que enfrontarse dentro duns meses de novo a unha nova proba para renovar a praza.

Dende UGT consideramos que hai determinados postos que deberían de ser estructurais dentro do deseño de servizos deste concello, e polo tanto estar incluidos na RPT. 

Dende UGT lanzamos esta pregunta que é máis importante para o desenrolo dun pobo, que as súas xentes poidan formarse no acceso ás novas tecnoloxías ( a través do/a Axente TIC), acceder ás ofertas e canales de selección de emprego (coa orientación laboral), ter limpos os edificios e seguridade nas rúas (limpadoras e policías) ou unha lancha para labores de ocio que funcione uns cantos meses ao ano?

jueves, 16 de julio de 2015

Tres formacións amosaron o seu apoio á petición de que non se desmantele o servizo de limpeza.

Fai uns días o comité de empresa enviou unha nota aos partidos políticos do concello pedindo o seu apoio para que non se desmantele o servizo de limpeza. De momento foron 3 partidos os que manifestaron o seu descontento coas últimas medidas adoptadas dende o Concello en relación ao servizo de limpeza e coa nota que se enviou dende o Comité de Empresa, para denunciar a situación deste. Nela faciase un relato da situación do servizo, que foi apoiado por BNG, CXG e Betanzos Novo.
Agardamos que o Partido Popular se sume tamén a esta reivindicación e que o PSOE, como responsable destas últimas medidas erróneas, saiba enmedar o rumbo para solventar unha situación que pasa por ser ilóxica e insostible.
Mentres as traballadoras despedidas no pasado mes xa presentaron as reclamacións pola improcedencia dos seus despedimentos.

miércoles, 8 de julio de 2015

O comité aproba enviar un escrito aos partidos políticos para denunciar a situación das traballadoras do servizo de limpeza


O Comité de Empresa, celebrou onte unha reunión extraordinaria para analizar unha serie de posibles accións de protesta contra o desmantelamento do servizo de limpeza. Así acordouse que a primeira delas, sería poñer en coñecemento de todos os partidos con representación no Concello a grave situación que están a padecer as traballadoras deste servizo, coa intención de solicitar o apoio para levar a cabo as medidas necesarias para que o servizo poida ser sostible e as traballadoras deixen de sufrir as condicións de sobrecarga actual. 


A orde do día tiña un só punto
1. Proposta de accións contra o desmantelamento do Servizo Público de Limpeza.

A presidenta monopolizou a exposición dos feitos e indicou que a súa proposta pasaba por remitir un texto aos partidos políticos, para que se sumasen e apoiasen a continuidade do servizo de limpeza en condicións dignas.

Dende UGT concordamos coa remisión dun escrito aos partidos políticos, pero tamén suxerimos que simultaneamente se fixese unha rolda de prensa conxunta, na que estivesen presentes os dous sindicatos CIG e UGT e as traballadoras do servizo. Isto serviría para dar unha visión de unidade de cara á sociedade e a empresa, transmitindo así que pese a diferencias puntuais hai casos nos que se concorda necesariamente.

Dende a CIG botouse para atrás a idea, indicando que a prensa tende a cansarse cando a saturas cun tema e que xa se enviaran varias notas de prensa, polo que non lle vían utilidade, ademáis indicaron que á sociedade betanceira, pouco lle importaba si os sindicatos traballamos unidos.
Vese pois cal é o concepto do traballo sindical da CIG, que pasa polo  "expoño, ordeno e mando" de feito xa o anunciaran na súa web fai uns días, dicindo que independientemente do que opinase UGT eles levarían adiante as medidas que propuxesen. 

Despois deuse lectura ao texto, e acordouse envialo, un dos nosos delegados quixo facer unha puntualización ao mesmo, no que se falaba da ilegalidade da situación dunha compañeira do servizo. Mais dende a CIG cargaron as tintas contra a traballadora, e como aconteceu en anteriores ocasións volveron a poñer a compañeiros no punto de mira da súa acción sindical, facendo culpables a aqueles compañeiros aos que a administración non recoñece a súa situación real. O texto que finalmente se aprobou e enviou é o seguinte:

"En nome do Comité de Empresa do Concello de Betanzos e por acordo tomado na reunión extraordinaria que tivo lugar o 7 de xullo de 2015 no Centro de Formación Ocupacional dirixímonos ao PSOE/PP/BN/BNG/CXG para transmitirlle a nosa preocupación polo desmantelamento do servizo de limpeza do Concello de Betanzos que está composto na súa inmensa maioría por persoal laboral.

Esta situación leva un tempo sendo crítica e agravouse nos últimos tempos, especialmente nas pasadas semanas cos despedimentos de varias compañeiras, as baixas en aumento polo exceso de carga laboral en moitos casos e a modificación indiscriminada de condicións laborais sen cumprir os prazos de preaviso reflectidos na lexislación nin notificarllo nin comunicarllo aos representantes dos traballadores afectados por tales modificacións, é dicir, ao Comité de Empresa.

Na actualidade o Concello só conta con tres traballadores de limpeza de edificios para os seguintes locais: CEIP Francisco Vales Villamarín e aulario do CEIP Francisco Vales Villamarín, Escola Infantil Municipal e Conservatorio López García-Picos, Biblioteca e Arquivo Municipal Castelao, Museo das Mariñas, Oficina Municipal de Información Xuvenil e Aula Cemit, Oficinas Xerais do edificio Liceo, Oficina de Turismo, Local social da Terceira Idade, Oficinas da Policía Municipal, Casa do Concello, Oficinas de Servizos Sociais e Centro de Formación Ocupacional. Tema a parte é a distribución do traballo de limpeza, con claros indicios de discriminación no reparto da carga laboral, que na actualidade conta cun só traballador para o CEIP Francisco Vales Villamarín, unha traballadora para Escola Infantil Municipal e Conservatorio e finalmente unha outra que ten asignada a limpeza das outras trece dependencias.

Neste último caso é especialmente grave a situación non só pola asignación de trece dependencias e a desproporcionada carga laboral que iso supón senón porque esa traballadora tiña concedida unha conciliación laboral e familiar por resolución da Alcaldía que lle deixaron de aplicar dun día para outro ao modficarlle mediante unha orde verbal o lugar e horario de traballo e partirlle a xornada de xeito que claramente dificulta a conciliación concedida con anterioridade. Este tipo de modificación das condicións laborais incumpre claramente o artigo 41 do Estatuto dos Traballadores e vulnera os dereitos do persoal, para alén de que a propia situación redunde claramente nunha sobrecarga laboral que as baixas existentes neste servizo de limpezo demostrar que é insostible.

A situación a día de hoxe é completamente precaria logo 2 despedimentos, 4 baixas non cubertas, 3 xubilacións sen reposición de efectivos e 1 traballadora de limpeza destinada a outras funcións. Na actualidade hai unha listaxe de substitucións vixente da que o Concello debe facer uso, mais recentemente e no canto de botar man desta, contratou a unha empresa para a limpeza dos edificios, iniciando o camiño da privatización de costas ao Comité e entendemos que a todos os outros partidos da oposición. Esta decisión é completamente inaceptable para este Comité de Empresa porque consideramos que vulnera o propio procedemento da Administración local para a contratación de persoal, toda vez que foi o propio Concello o que decidiu abrir unha listaxe para substitucións que a día de hoxe está vixente porque non se publicou ningunha disposición en contra. Esta ferramenta é a máis inmediata para solucionar o problema de efectivos da que o Concello pode botar man, e así o está a facer noutros servizos, como é axuda a domicilio, onde mesmo as vacacións das traballadoras están a ser cubertas na actualidade ao abeiro da listaxe de substitucións, o que demostra claramente que esta non só é unha vía que pode tomar o Concello senón que mesmo o está a facer para cubrir as vacacións doutros servizos".

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores