A CIG segue perdendo as formas, si é que as tiveron nalgún momento. Agora na páxina web ameazan con medidas contra a UGT, á que califican de sindicato minoritario. Lembremos que os resultados das eleccións sindicais foron 5 delegados da CIG e 4 delegados de UGT. O delegado decisivo obtiverono por tan só 5 votos máis. O seu discurso lembra ao dalgúns políticos cando parecen presumir de estar sempre en posesión da verdade absoluta, ser os únicos que traballan polo ben dos compañeiros (compañeiros somos todos, non só os do servizo de limpeza do Vales, servizo que ocupa a meirande parte das súas reivindicacións), porque para a CIG según de que departamento sexas haberá un trato diferente.
Curiosamente a CIG consentiu que un dos seus liberados chame ladrón, (por un error do propio sindicato na cobra das cuotas) senón ao único, a un dos poucos afiliados que tiveron no Concello durante anos e ao que ese liberado nin sequera se dignou en atender en persoa durante eses anos. Pero claro a situación mudou e agora ao ter delegados no comité de empresa, casi que lle temos que poñer unha tenda de campaña, para que non se estrese con tanto viaxe entre Coruña en Betanzos.
O último episodio é tentar revestir de persecusión sindical a apertura dun expediente a unha limpadora do Vales e delegada de prevención de riscos laborais da CIG. Cando o que acontece é que estamos ante un posible episodio de acoso laboral por parte dunha delegada da CIG a unha traballadora do mesmo servizo, afiliada a ese sindicato para máis INRI.
Carnet de afiliada á CIG da traballadora presuntamente acosada
Como se ve no escalafón de valores da CIG os afiliados pouco contan, agás para o cobro de cuotas. Ante calquera problema contará máis a palabra do liberado ou delegada da CIG que a do traballador/a.
No seu blog indicaban que defenderían aos traballadores que facían ben o seu traballo fronte aos que non, outorgándolle por revelación divina esa característica á limpadora (que coincide que é delegada da CIG), fronte á outra limpadora (que coincide que tan só é unha simple afiliada da CIG). Pero claro seguramente iso ata o ignoraban, porque vendo como funciona administrativamente o sindicato nacionalista, non sería nada doutro mundo.
Todo isto nos ensina parafraseando a algún movimento político, que determinada casta sindical ensina o seu verdadeiro rostro, cargando contra afiliados do seu propio sindicato.
A quen defende a CIG, logo?
Aos seus delegados, liberados e partidos afíns?
Ou aos simples traballadores que nalgún momento estiveron ou están afiliados ás súas siglas?
E finalmente ignoramos como, pero teñen un sexto sentido para arrouparse eles mesmos en todo o momento do "sentir maioritario" dos traballadores. Habilidade que non aparece recollida en ningún dos cursos de formación que publicita o sindicato, pero que debe de ser inherente ao cargo.
E como non hai mellor demostración que as probas a continuación reproducimos o artigo asinado por Roberto Tizón no que cargaba contra un traballador que ata as pasadas eleccións sindicais fora afiliado da CIG, argumentando que no seu momento non o tiñan defendido por estar pagando cuota de parado e non ter dereito a ese servizo. Algo totalmente incerto e imposible xa que tal traballador nunca estivo inscrito como demandante de emprego, algo que ratifica o único carné que tivo do sindicato nacionalista no que aparece a ocupación e mesmo a empresa. O que se lle indicou literalmente foi que "sería díficil probar os feitos que tentas denunciar", pero claro estabamos a falar de feitos que afectaban a concelleiros dun partido que nalquel momento tiña responsabilidades de goberno, e que como sabemos camiña da man deste sindicato.
Xuzgade vós mesmos si son lobos ou cordeiros
e fixádevos sobre todo no argumento do último parágrafo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario