Benvidos

martes, 24 de abril de 2012

Ilustrísimos Celidonios, por máis voltas que dedes as cousas son como son.

José Luis Sobrino
Betanzos

Vou perder uns minutos en responder a unha carta publicada no blog da CIG do Concello de Betanzos  na que apelan a un dito popular para titulala “Pensa o ladrón que todos son da súa condición”. Indicarlle aos D. Celidonios sindicalistas nacionalistas que non  deberían utilizar ese tipo de termos. E isto digoo porque eu tiven e teño unha nómina axustada e que non variou ou ben se reduciu cos distintos gobernos, mentres que outros se reúnen a cotío cos políticos para manter o seu statu quo, e para alzar ou calar a voz según conveña.
Fala de falta de compromiso cos traballadores por parte da UGT, cando ata que a CIG acadou  representación no Comité de Empresa e o puiden ver en persoa nunha reunión deste comité, o señor que suscribiu esa carta era unha especie de entelequia, á que só se podía acceder a través da liña telefónica, sen rostro, sen ubicación física, ou iso polo menos foron as miñas experiencias nos 7 anos que fun afiliado á central nacionalista.

Iso foi precisamente un dos motivos que propiciou que tomase a decisión de cambiar a miña afiliación da CIG á UGT. Estes últimos amosaron máis proximidade a través do seu responsable Luis Baneira, con quen tiven a oportunidade de consultar en múltiples ocasións e que sempre me respostou sen ter en conta si era afiliado ou non en momentos nos que estaba afiliado á central nacionalista.
Falan nesa carta de que nos negamos a que nas reunións  participe un delegado electo no comité de empresa, cando nós o que indicamos no comité é que unha vez finalizada a súa relación laboral si ten denunciado ao concello (por considerar que o despido é improcedente), o que debe de facer é dirixirse ao xuzgado para que solicitar que dicte unha medida cautelar na que se lle permita participar no mesmo, mentres non se dicta unha sentencia firme. Pero claro é máis fácil “emporcar dando unha versión errónea que contar a verdade”.
En canto a destapar a careta  de que CIG e BNG son uña e carne, e que a primeira se serve mesmo dos recursos humanos do partido,  hai realidades que cando as destapas fan  triscar conciencias, como cando acariñas cun pano de seda paredes de gotelé.
CIG e BNG fanse eco das mesmas trangalladas, simultaneamente, como si houbese unha conexión telepática entre ambos. Pero claro, seremos mal pensados. Ao mellor a explicación é máis doada, igual acontece porque o local do comité de empresa (copado absolutamente pola CIG) e o local do BNG comparten tabiques, así a conexión mental é máis doada.
Respecto a que a CIG non actúa sindicalmente cando goberna o BNG. Esa foi a miña experiencia e seguramente a de máís xente. Indicar que un mes antes de que mudase a miña afiliación da CIG por UGT, tiven unha entrevista cun dos avogados do sindicato na Coruña. Tras indicar el mesmo que ademais de avogado da CIG era membro do comité local do BNG na Coruña, afirmou que debía esquecer calquera problema que tivera cos anteriores edís do BNG, en anteriores lexislaturas “¿porque quen son hoxe en día?, son un cadaver político” indicou textualmente. Así é como valoran dende o sindicato e partido nacionalista aos que engrosan as súas filas unha vez que xa non son útiles á causa.
Aviso a navegantes si estades nunha destas situacións, o día de mañá poden referirse a vós nestes termos.
E por último, facer referencia á súa insinuación a que si estiven pagando unha cota sindical de parado cando traballaba no concello. Sinalar que si paguei unha cota de parado tería que ter presentado a tarxeta do mesmo ou documento acreditativo, algo que sería  imposible pois afilieime á CIG en xuño de 2004, e levo traballando no concello de xeito ininterrumpido dende 1999. Si me aplicaron algún tipo de cota reducida, me supoño que sería por ter contrato a media xornada naquel tempo. Pero ben a explicación penso que é outra, pois durante o ano pasado tiven dúas chamadas da CIG e nela preguntábanme polo meu estado laboral, indicando que para eles figuraba como desempregado do sector do metal, e que vivía en Ferrol. ¿Como pode ser iso?, si nunca traballei nese sector, nin nunca vivín en Ferrol. Será que cruzaron datos de persoas que se chaman igual, ou parecido e armáronse o conseguinte lío. O que teño claro é que eu non vou arranxarlles os problemas de organización interna. Igual iso disculpe que o ilustrísimo e ocupadísimo autor da carta mencionada nunca se puxese en contacto comigo, porque gracias aos seus eficientes servizos administrativos eu era un desempregado dun sector no que nunca traballei, nunha cidade na que nunca vivín, como dirían eles. SEN COMENTARIOS.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores