O pasado 9 de abril na Mesa Xeral de Negociación aprobouse a proposta de
reparto presentada polo Goberno municipal co voto a favor de todos os
sindicatos. Esto supón que na práctica estas axudas
deberían pagarse coa nómina do mes de abril, tal e como indican as
propias bases da convocatoria.
Houbo varias axudas denegadas e tralo dialogo cos sindicatos presentes, o Concello indicou que os traballadores/as poderían facer as reclamacións unha vez que foran pagadas as axudas.
Na reunión púxose de manifesto que a
partida orzamentaria destinada a este concepto debería incluír as subas dos incrementos da
Lei de orzamentos do Estado dos anos 2015, 2016, 2017 e 2018, é
dicir, dende o momento en que se asinou o Convenio colectivo do
Persoal Laboral e o Acordo do funcionariado. Isto suporía unha notable mellora para os traballadores/as xa que na actualidade a partida económica destinada para tal fin é insuficiente e produciuse unha redución proporcional
no reparto destas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario