Benvidos

viernes, 12 de abril de 2019

Aprobáronse as axudas sociais de 2018

O pasado 9 de abril na Mesa Xeral de Negociación aprobouse a proposta de reparto presentada polo Goberno municipal co voto a favor de todos os sindicatos. Esto supón que na práctica estas axudas deberían pagarse coa nómina do mes de abril, tal e como indican as propias bases da convocatoria.

Houbo varias axudas denegadas e tralo dialogo cos sindicatos presentes, o Concello indicou que os traballadores/as poderían facer as reclamacións unha vez que foran pagadas as axudas.

Na reunión púxose de manifesto que a partida orzamentaria  destinada a este concepto debería incluír as subas dos incrementos da Lei de orzamentos do Estado dos anos 2015, 2016, 2017 e 2018, é dicir, dende o momento en que se asinou o Convenio colectivo do Persoal Laboral e o Acordo do funcionariado. Isto suporía unha notable mellora para os traballadores/as xa que na actualidade a partida económica destinada para tal fin é insuficiente e produciuse unha redución proporcional no reparto destas.

miércoles, 9 de enero de 2019

UGT non apoia a relación de postos de traballo pola discriminación e desigualdade que supón para maior parte do persoal laboral.

O 21 de decembro pasado tivo lugar a Mesa de Negociación da RPT. Os dous sindicatos con representación entre o personal laboral non deron o seu apoio á mesma. 
O principal motivo para UGT tal e como expresou na xuntanza é que só accederían a estar encadrados nesta RPT 9 traballadores do persoal laboral, mentres que 55 quedarían excluidos do texto final presentado.
Ao final a RPT estaría composta por 9 traballadores de personal laboral (tan só un 16% do total), frente a 54 funcionarios que serían o 84% dos postos contemplados na RPT. 

Ademáis dende UGT consideramos intolerable a baixada de grupos que se produce nalgúns postos, o posible problema para afrontar a convocatoria da praza, por requerir titulacións inferiores ás actuais pero específicas, que os traballadores/as non posuirían e pola baixada de niveis e discriminación nos mesmos respecto aos funcionarios, con iguais ou semellantes funcións.

A coincidencia cos argumentos expresados polo outro sindicato que rexeitou este texto, a CIG, son amplas arredor dun 90% dos argumentos esgrimidos pola central sindical podería ser asumidos por UGT. 

Na outra banda situáronse CCOO que apoiou o texto, peidno unha promoción para os postos de auxiliar administrativo e o CSIF que manifestou estar dacordo co texto, pero pediu unha mellora económica coa suba do valor do punto. Por parte do Concelleiro de Persoal indicouse que se ía a estudiar a proposta do CSIF e que a próxima reunión sería na Mesa Xeral de Negociación onde se chegaría ou non a un acordo definitivo sobre a nova RPT.  

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores