Dende UGT queremos manifestar o noso desacordo coa política de cobertura de baixas que se está a facer dende o Concello. Por unha banda, temos o caso do Servizo de Limpeza Municipal, con dous despidos pendentes de xuizo.
Unhas listas de sustitución que se utilizaron ata o ano pasado, pese a estar caducadas dende o ano 2010. Listas similares ás utilizadas para cubrir baixas no Servizo de Axuda a Domicilio
É extraño polo tanto que unhas listas creadas ao mesmo tempo, que para un caso se consideren caducadas e para o outro non.
O caso é que a día de hoxe unha empresa privada está a realizar unha boa parte dos traballos de limepza que deberían ser efectuados por persoal contratado pola administración municipal. Con isto o Concello está incumprindo os acordos efectuados nun pleno que se celebrou hai uns meses.
No caso da gardería municipal, temos outro tanto do mesmo. Na xornada de onte o BNG levaba este asunto ao pleno municipal
Ao parecer hai algunhas baixas que non se están a cubrir coa antelación que se debera o que provoca a acumulación de tarefas e horas extras para as empregadas, cos conseguintes perxuicios para as traballadoras e usuarios deste servizo municipal.
Dende UGT esiximos que se tomen as medidas oportunas para que o servizo de limpeza sexa prestado pola administración local e non por unha empresa allea e que se exerzan con celeridade as medidas oportunas para que a gardería municipal poida cubrir as baixas que se orixinen dun xeito áxil e eficaz, que redunde nun mellor servizo e condicións de traballo para as empregadas municipais deste servizo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario