A creación e ubicación da Oficina Municipal de Turismo nos baixos da escaleria do Edifico Liceo, suscitou críticas dende que se anunciou o seu emprazamento actual.
O caso é que o deficiente estado de conservación, a ausencia dalgúns equipamentos básicos, etc, motivou que recentemente se efectuase unha denuncia fronte a Inspección de Traballo.
A resposta do Servizo de Prevención de Riscos da Inspección de Traballo foi realizar unha serie de requerimentos ao Concello para que subsane as seguintes deficienciasl:
1. Efectuar as oportunas revisións e verificacións da instalación eléctrica.
2. Sinalizar oportunamente os cadros eléctricos.
3. Tapar oportunamente os cadros eléctricos para evitar contactos directos.
4. Elevar a caixa de conexións para evitar riscos durante as tarefas de limpeza.
5. Elaborar e implementar un plan de urxencia e evacuación do centro de traballo.
6. Revisar o extintor do centro.
7. Sinalizar os equipos de extinción e as vías e saídas de evacuación.
8. Mellorar as condicións de iluminación, especialmente no posto de PVD e no mostrador de atendemento ao público.
9. Manter as condicións termohigrométricas do centro de traballo, especialmente con relación á humidade deste.
10. Mellorar as condicións de orde e limpeza do centro de traballo, prestando especial atención a:
Eliminación do verdín das paredes.
Localización dos materiais en estanterías.
Localización dos produtos e útiles de limpeza nun armario específico e oportunamente sinalizado.
Dispoñer dun cartel de sinalización do solo húmedo.
11. Eliminar os reflexos do posto de PVD.
12. Facilitar repousapés para a realización de actividades nos postos de traballo con PVD.
13. Facilitar aos traballadores formación e información preventiva específica dos riscos do seu posto de traballo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario