Benvidos

miércoles, 30 de septiembre de 2015

Los grados de parentesco

Os dejamos un breve esquema de los grados de parentesco, importante para apilcar en determinados casos, como sería el de saber de cuantos días disponeis ante una enfermedadde un familiar, por ejemplo.

Situación anómala coa limpeza e o servizo de gardería municipal

Dende UGT queremos manifestar o noso desacordo coa política de cobertura de baixas que se está a facer dende o Concello. Por unha banda, temos o caso do Servizo de Limpeza Municipal, con dous despidos pendentes de xuizo. 
Unhas listas de sustitución que se utilizaron ata o ano pasado, pese a estar caducadas dende o ano 2010. Listas similares ás utilizadas para cubrir baixas no Servizo de Axuda a Domicilio
É extraño polo tanto que unhas listas creadas ao mesmo tempo, que para un caso se consideren caducadas e para o outro non. 
O caso é que a día de hoxe unha empresa privada está a realizar unha boa parte dos traballos de limepza que deberían ser efectuados por persoal contratado pola administración municipal. Con isto o Concello está incumprindo os acordos efectuados nun pleno que se celebrou hai uns meses.

No caso da gardería municipal, temos outro tanto do mesmo. Na xornada de onte o BNG levaba este asunto ao pleno municipal
Ao parecer hai algunhas  baixas que non se están a cubrir coa antelación que se debera o que provoca a acumulación de tarefas e horas extras para as empregadas, cos conseguintes perxuicios para as traballadoras e usuarios deste servizo municipal.

Dende UGT esiximos que se tomen as medidas oportunas para que o servizo de limpeza sexa prestado pola administración local e non por unha empresa allea e que se exerzan con celeridade as medidas oportunas para que a gardería municipal poida cubrir as baixas que se orixinen dun xeito áxil e eficaz, que redunde nun mellor servizo e condicións de traballo para as empregadas municipais deste servizo.

Recuperación dun día de asuntos propios

Coa aprobación do Decreto 10/2015, publicado no BOE do 12 de setembro de 2015. O goberno central  devolveu o sexto día de asuntos propios, que nos foroa quitado durante o ano 2012. Con esta medida, o persoal municipal do Concello de Betanzos pasará a ter un total de sete días para o ano 2015.


Inspección de Traballo sinálalle ao Concello unha serie de deficiencias que debe mellorar na Ofcina de Turismo

A creación e ubicación da Oficina Municipal de Turismo nos baixos da escaleria do Edifico Liceo, suscitou críticas dende que se anunciou o seu emprazamento actual. 
O caso é que o deficiente estado de conservación, a ausencia dalgúns equipamentos básicos, etc, motivou que recentemente se efectuase unha denuncia fronte a Inspección de Traballo. 
A resposta do  Servizo de Prevención de Riscos da Inspección de Traballo foi realizar unha serie de requerimentos ao Concello para que  subsane as seguintes deficienciasl:

1. Efectuar as oportunas revisións e verificacións da instalación eléctrica.
2. Sinalizar oportunamente os cadros eléctricos.
3. Tapar oportunamente os cadros eléctricos para evitar contactos directos.
4. Elevar a caixa de conexións para evitar riscos durante as tarefas de limpeza.
5. Elaborar e implementar un plan de urxencia e evacuación do centro de traballo.
6. Revisar o extintor do centro.
7. Sinalizar os equipos de extinción e as vías e saídas de evacuación.
8. Mellorar as condicións de iluminación, especialmente no posto de PVD e no mostrador de atendemento ao público.
9. Manter as condicións termohigrométricas do centro de traballo, especialmente con relación á humidade deste.
10. Mellorar as condicións de orde e limpeza do centro de traballo, prestando especial atención a:
Eliminación do verdín das paredes.
Localización dos materiais en estanterías.
Localización dos produtos e útiles de limpeza nun armario específico e oportunamente sinalizado.
Dispoñer dun cartel de sinalización do solo húmedo.
11. Eliminar os reflexos do posto de PVD.
12. Facilitar repousapés para a realización de actividades nos postos de traballo con PVD.
13. Facilitar aos traballadores formación e información preventiva específica dos riscos do seu posto de traballo.

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores