Benvidos

martes, 2 de junio de 2015

O Concelleiro de Persoal sinala que retomará a negociación da RPT si acceden ao goberno.

O Concelleiro de Persoal, sinalou este luns nunha mesa xeral de negociación na que estaban presentes os representantes do Comité de Empresa e os sindicatos con representación na Mesa de funcionarios que tiñan intención de retomar a elaboración da RPT de xeito urxente si finalmente tomaban posesión no goberno municipal o vindeiro 13 de xuño. O concelleiro agradeceu o traballo desenvolvido polos delegados nestes 4 anos. Mentres que pola CIG houbo reproches por entender que para trasladar esa información podería ter realizado unha xuntanza cun carácter máis informal, sen que fose considerada como unha xuntanza da Mesa Xeral de Negociación.
Pola súa banda Alberto Seijo (funcinario representante do CSIF) pediu que se retomase dun xeito serio a negociación, e se fixese unha valoración dos postos e das funcións realizadas dunha forma rigurosa. 
As consideracións do representante do CSIF foron refrendadas polos delegados de UGT que consideraron que as palabras de Seijo recollían o espiritu do que debería ser esa tarefa de retomar a elaboración da RPT no futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores