Benvidos

miércoles, 27 de mayo de 2015

Estes son algunhas das persoas que poden representarte, porque detrás dunhas siglas hai persoas.

Este xoves organizamos unha charla informativa. Nela o asesor Luis Baneira, tivo a ocasión de explicarnos algunhas das novidades da Lei de Función Pública de Galicia. A charla estaba plantexada como coloquio polo que os presentes poideron intercambiar impresións sobre esta lexislatura sindical. Coincideuse no absurdo da situación de enfrentamento entre compañeiros e de competición sen sentido, creada por parte da actual presidencia do Comité de Empresa.
Os presentes coincidiron no absurdo que é que dous sindicatos compitan por atribuirse meritos en vez de xuntar esforzos para conquerir resultados e melloras para os compañeiros.
Na xuntanza houbo tempo tamén para comentar casos específicos como o das traballadoras da Escola Infantil, determinado persoal de limpeza, etc.
Nesta xuntanza ademáis de persoal que encabeza as listas de UGT contamos coa presenza de dúas persoas significativas e queridas para os compañeiros de UGT, Luis Baneira, asesor e Domingo Presas anterior presidente do Comité de Empresa, a quen lle debemos moitos dos logros conqueridos nos últimos anos.
Na imaxe podes ver a algúns dos compañeiros que te representarán si decides darnos a túa cofianza nas eleccións do 2 de xuño. Poderemos demostrarche que se poden conseguir cousas sen dividir aos traballadores, sumando esforzos e fuxindo de competicións esteriles.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores