Un dos motivos polos que UGT se abstivo na votación do novo convenio foi por como se negociou o reparto da suba salarial que este implicaría.
A CIG que foi moi belixerante no principio, logo deu marcha atrás e aceptou as condicións da empresa.
Os motivos parecen evidentes a presidenta do Comité levarase 6692 € de subida dos 54874 € destinados ao personal laboral.
Ao que se suma que o candidato nº 3 da lista de técnicos da CIG é o segundo traballador cunha maior súbida, concretamente 3533 euros.
As cifras non menten. E como dende UGT nos gustou sempre a claridade si algún traballador/a ten dúbidas sobre estes números pode consultar cos delegados de UGT que resolverán esas cuestións plantexadas coa táboa orixinal que a empresa negociadora nos entregou, e na que se explica como afectará a suba caso por caso a tódolos traballadores.
Aqui podedes ver un extracto da análise de como afecta a suba por grupos, non fai falta ser un lince para observar que os grupos 1 e 2 son os máis beneficiados por este convenio que a CIG defende a capa e espada. Os grupos 3, 4 e 5 resultan os máis perxudicados con moita diferencia.
Fixádevos en pequenos detalles como que:
- Destinan á suba de 6 persoas do grupo 1 (21233 €) fronte á suba de 35 persoas dos grupos 3, 4 e 5 aos que destinan (22771 €)
- No grupo 5 pese a ser onde os salarios son máis baixos 10 persoas quedarán sen suba (é o grupo onde hai máis persoas excluidas das melloras salariais do Convenio).
- A cantidade ridicula que destinan á suba do grupo 4.
Unha presidenta que se presenta como a voz dos traballadores, debería ter negociado unhas condicións máis xustas.
A proposta que no seu momento UGT enviou á empresa postulaba subidas nestas franxas, unha proposta máis equitativa e lineal.
Grupo 1 : 1409 €
Grupo 2: 1424 €
Grupo 3: 1280 €
Grupo 4: 1288 €
Grupo 5 : 1403 €
Para estes calculos sopesamos o peso númerico de cada grupo de traballadores na plantilla, e coa nosa proposta acadabamos unha suba máis equitativa, onde os grupos máis baixos logo alcanzarían o seu teito salarial e os máis altos, (os beneficiados pola suba negociada pola CIG, deberían agardar un pouco para tocalo, non como agora onde a presidenta do Comité tocou o ceo da noité para a mañá).
COMO VOS INDICAMOS ESTES DATOS ESTÁN Á VOSA DISPOSICIÓN SI FALADES COS DELEGADOS DE UGT.
PORQUE A CIG Á QUE TANTO SE LLE ENCHE A BOCA FALANDO DE TRANSPARENCIA NON TEN ANALIZADO AÍNDA AS CIFRAS DO CONVENIO?.
No hay comentarios:
Publicar un comentario