Hoxe martes 24 celebrouse unha reunión extraordinaria do comité de empresa, para votar sobre o texto final do convenio. Nela tres delegados de UGT nos abstivemos, mentres que un decidiu exercer a súa liberdade de voto e votar a favor.
A baixeza moral de quen actualiza os contidos da páxina web da CIG é dificilmente superable, referíndose ao noso compañeiro Alfredo Edreira nos seguintes termos "veu á reunión extraordinaria un delegado da UGT que levaba máis dun ano sen aparecer polas reunións sen escusarse en ningún momento". Cando todos os representantes do comité sabemos que Alfredo padeceu nos últimos meses graves problemas de saude que o levaron a estar de baixa todos estes meses. Mentres curiosamente alaban a outro compañeiro do noso sindicato por se ter posicionado ao seu favor, sen facer mención a que este si que se ten ausentado en varias ocasións, sen dar explicacións, concretamente nas dúas últimas reunións sen que merecese ningún reproche por parte da CIG, quizais porque votou a favor do texto presentado por eles. Nós respectamos a decisión do compañeiro que decidiu votar deste xeito, pese a que non se interesase demasiado polo contido do texto, ou polo menos non o manifestou de cara ao resto de delegados de UGT.
Pero imos co relato dos feitos.
O pasado xoves 19 tivo lugar unha asamblea do persoal laboral do Concello de Betanzos, esta foi convocada a instancias da presidencia do Comité de Empresa.

O sindicato nacionalista indica que "na asemblea todo o persoal asistente votou a
favor agás dous delegados da UGT que se abstiveron". O que non indican dende a central nacionalista é que o seu poder de convocatoria para este acto foi escaso, na reunión estaban presentes 34 traballadores/as o que representa o 44% do persoal laboral. Nin tan sequera foron capaces de alcanzar unha cifra relevante o 50%, do personal que aprobase este novo marco laboral. Polo tanto pese ao máximo respeto que merecen os traballadores que acudiron estes non representan a maioría, e esa maioría ausente o que amosou foi desinterese polo convenio negociado polos nacionalistas.
E todo iso pese ás manobras da CIG antes desta cita co resto de compañeiros. Un delegado da UGT ofreceuse á axudar no reparto de exemplares do convenio, algo que foi desestimado pola presidenta do Comité de Empresa, que se arrogou esa labor, repartindo convenios co logotipo da CIG e facendo a campaña informativa que lle interesaba. En que quedamos? O convenio é unha obra da negociación do Comité de Empresa ou da CIG tan só. Según os seus criterios cando queremos vender o malo é obra de todos, mais para vender "a moto" dos logros son os nacionalistas os únicos pilotos.
Dende UGT queremos deixar claro que nos parece que o convenio pese a todo supon unha mellora en xeral das condicións, o que non supon que mereza o noso cheque en blanco. UGT decidiu finalmente absterse, o que non supon un rexeitamento ao texto, senón a algunhas das condicións e acordos alcanzados, e unha abstención que lembremos non impedirá que se leven adiante estes acordos, pois a CIG para ben ou mal, ten maioría no Comité de Empresa.
O noso voto foi a abstención. E esta debese sobre todo á negociación do anexo no que se recollen as melloras salariais. E determinados aspectos puntuais como que as baixas dun postos superior sexan cubertas por persoal designado pola alcaldía, en vez de establecer outros medios de promoción interna.
Estamos cansos de aguantar a súa hipocresía, e porque é tempo de quitarlles a careta, explicaremos algunhas cousas porque as palabras que tan ben manexan algúns da CIG levaas o vento, mentres que os datos que vos damos a continuación están ahí para que os cotexedes!
A CIG pasou dunha postura inicial intransixente, na que querían facerse pasar polos amos da negociación pedindo unha suba mínima de 1000 € para cada traballador a aceptar unha proposta na que finalmente por exemplo
o grupo 4, parece seguir sendo dos máis perxudicados, as súas subidas
oscilan entre os 191 e 330 €, frente ao grupo seguinte o grupo
3, con oscilacións entre os 796 y 1700 €. O grupo 5 terá unha suba tamén insuficiente, e ainda así haberá dez traballadores do grupo máis baixo que non terán
suba.
Tamén debemos destacar a cantidade destinada aos
traballadores de cada grupo. O grupo 4 recibe tan só 1918 € no seu conxunto, e a
suma do que se destina a todo o grupo 5, 4, e 3 (a suba dun
total de 35 traballadores / unha cifra superior á dos asistentes á asamblea do pasado 19) quedase en 22771 €, cifra que representa prácticamente o
mesmo que a suba de só 6 traballadores do grupo 1 que
se levarán 21233 €.
Pese a unha lixeira mellora da proposta inicial, esta segue estando alonxada da proposta da UGT, xa que nós no seu momento como sindicato fixemos chegar unha proposta de reparto equitativa entre os traballadores e grupos deste convenio, mais foi ignorada pola empresa negociadora.
Polo tanto, Convenio si, pero con criterios de maior xustiza social!
Polo tanto, Convenio si, pero con criterios de maior xustiza social!
O outro día ao rematar a mesa de negociación a presidenta posou para a foto con xesto sorrinte co alcalde. Cambiaron as tornas e o que antes era indignación agora é ledicia. Ata fai pouco estas eran as caras que a nosa presidenta lucía ante a mención do alcalde.
Simplemente lanzamos unha pregunta gustarianos saber si a CIG considera axeitado e xusto que a unha soa traballadora lle suba o salario en 6692 € anuais, mentres que 19 traballadores do grupo 5 cobrarán como suba entre todos a cantidade de 8543 €. Podemos explicalo doutro forma, a súbida do salario desta persoa, sumará o mesmo que a suba de 15 compañeiros/as do grupo 5. É isto xusto e equitativo?
Vos que pensades? Quizais detrás de quen se erixe como voz do pobo, dos compañeiros, do sindicalismo non haxa tanto desinterese como parecía, si así fose podería propor unha suba máis moderada no seu caso en favor doutros compañeiros, pero non foi así. Permitíndose ao mesmo tempo arremeter contra outros delegados acusándoos de interesados.
Pero como vos imaxinaredes ou estaredes a descubrir estas cousas non as conta nas asambleas de traballadores onde se erixe en voz do pobo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario