O pasado venres pechouse a fase de negociación do convenio colectivo. O Comité comprometeuse a dar unha resposta ao Concello ao respecto da aprobación do convenio polo conxunto dos traballadores o vindeiro luns 23 de marzo. O texto final foi enviado pola empresa este luns, momento no que según indicaron dende a presidencia do Comité de Empresa será remitido a todo o persoal laboral con tempo para poder valoralo antes da asemblea de traballadores/as.
O vindeiro xoves 19 de marzo terá lugar a asemblea de traballadores e traballadoras no Centro de Formación Ocupacional ás oito da tarde.
Tamén dende o Comité indicaron que para esclaracer as dúbidas con respecto ao texto haberá un horario especial de atención aos traballadores no Local do Comité de Empresa, o martes 17 entre as 17:00 h e as 19:00 h e o xoves de 10:00 h a 15:00 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario