Benvidos

miércoles, 19 de febrero de 2014

UGT celebra que se retomen as negociacións do convenio, con datas límite para a súa sinatura e co obxectivo de consolidar postos de traballo.

Onte martes os representantes sindicais do concello de Betanzos foron convocados de novo para continuar na mesa de negociación, coas conversas para acadar un texto para o novo convenio.
A novidade respecto a xuntanzas anteriores foi a presenza dun representante dunha empresa externa ao concello especializada na prestación de servizos de asesoramento técnico-xurídico en diferentes ámbitos como o da xestión de recursos humanos, de emprego público e do asesoramento a administracións públicas.
O seu representante, Javier Ferreira, fixo unha sucinta exposición de cal era a situación a nivel laboral no Concello de Betanzos, indicando os desaxustes na estrutura organizativa (motivados polos cambios de goberno e unha organización baseada nas subvencións), como un dos retos a afrontar.

Os representantes de UGT valoramos positivamente os dous puntos destacados por Ferreira na súa intervención, que consistiron en salientar que as negociacións se retomarían coa premisa de manter os efectivos de persoal existente e tamén coa de facilitar a consolidación de tódolos traballadores.
Dende UGT valoramos enormemente estes dous aspectos, ante a gravidade da situación que se nos ven enriba coa reforma das administracións locais, feito que pode facer que moitos servizos prestados agora por persoal municipal pasen a ser asumidos polo ente provincial.
Nesa xuntanza acordouse finalmente que o persoal laboral seguirá negociando o seu convenio nunha mesa aparte da dos funcionarios, tendo o mes de xullo como data límite no horizonte para a sinatura dun novo convenio e a aprobación dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT), un organigrama laboral, que recollerá as categorías laborais e funcións de cada posto, se ben sen abordar as retribucións, que tomarán como referencia o convenio.
Dende UGT desexariamos poder abordar o tema das retribucións coa mente posta en lograr a equiparación dos compañeiros con salarios máis baixos cos que gozan dunha maior renda salarial. Se ben comprendemos o argumento exposto por Ferreira nesta primeira xuntanza, que o marco normativo actual non é o máis axeitado e sobre todo priorizamos a consecución da consolidación dos postos xa existentes para facer fronte á reforma laboral da administración local deseñada polo goberno de Mariano Rajoy. 
En síntese é fundamental: 
1) Que se manteñan todos os efectivos de persoal.
2) Tentar blindar a tódolos compañeiros frente ás futuras reformas lexislativas e a perda de servizos por parte dos Concellos en favor das Deputacións
3) Ter fixado o mes de xullo de 2014 como data final,  para o remate das negociacións.


Asimesmo nesa xuntanza acordouse celebrar unha asamblea informativa para o persoal laboral para informar dos cambios xurdidos a raíz da entrada deste novo axente na negociación. Esta asamblea celebraríase en principio o martes 25 de febreiro ás 20 horas na Biblioteca do Centro de Formación Ocupacional.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores