Benvidos

viernes, 7 de febrero de 2014

O 18 de febreiro retómanse as negociacións do Convenio.

No día de hoxe o concelleiro de persoal recibiu aos delegados para tratar algúns asuntos. Nesa xuntanza deuse conta de que o 18 de febreiro se retomará a negociación do convenio colectivo, coa presenza do asesor da empresa encargada polo concello de levar adiante as negociacións. Nesa xuntanza obteremos unha visión inicial de cal é a situación por parte do asesor. Tamén no futuro se lle pasará a cada traballador unha enquisa de cara a coñecer máis polo miudo a súa situación para a elaboración do convenio e a RPT. 
Algúns delegados da CIG  expresaron a disconformidade doutros traballadores cos destinos e horarios que ocupan na actualidade, volvendo a facer referencia a que según de quen foses si estabas nun destino que non era o teu, te tratarían dun ou outro xeito. Ao estar falando dun servizo determinado, aínda que non indicaron o nome as referencias eran claras hacia unha compañeira.
Dende aquí expresamos que non nos parece axeitado ese proceder por parte da CIG. Tentar resolver os problemas doutros compañeiros é a nosa función pero non a costa de crearlle problemas a outros, e menos aínda cando nos temos que fiar da palabra dos delegados da CIG, pois desa disconformidade co posto e horarios non temos constancia por escrito. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores