Benvidos

jueves, 2 de agosto de 2012

Reuníon da Mesa Xeral de Negociación e nova RPT

A pasada semana e a presente contou con moitas novedades interesantes para os traballadores deste concello. Por un lado o pasado xoves, arredor das dúas menos dez da tarde, os representantes de UGT recibimos unha chamada para recoller unha convocatoria. Esta era para asistir á Mesa Xeral de Negociación que tería lugar o luns 30 de xullo ás 9:30 da mañá.

Na orde do día figuraban os seguintes puntos.
1º.- Acordo que proceda sobre a representatividade na Mesa Xeral de Negociación.
2º- Proposta sobre documentación relativa ao persoal contida no Orzamento Xeral 2012.
3º- Información en relación ao Real Decreto-ley 20/2012, de 13 de xullo, de medidas para garantir a estabilidade orzamentaria e de fomento da competitividade.

Na práctica resultou que en todos estes meses o Concello non nos convocou aos distintos sindicatos para realizar o que sería unha negociación en tempo e forma.
O xoves a última hora entregou unha morea de documentación sen apenas tempo para estudiala, confrontala ou debatila pois o luns a primeira hora celebrabase esa Mesa Xeral de Negociación.

Entre esa documentación estaban asuntos tan importantes como unha modificación da RPT (Relación de Postos de Traballo) que é a que establece os postos de traballo municipais, funcións, categorías, retribucións, etc.

Nesa nova RPT 10 postos de traballo desempeñados eran modificados, pasando nalgúns casos a ocupar ou a recoñerse outro posto con contidos totalmente distintos aos que figuraban na RPT actual. Ademáis recoñecíase un posto de nova creación en base a unha sentenza que recoñece o carácter indefinido do contrato, algo que ven de acontecer tamén con varios compañeiros do GRUMIR que denunciaron á empresa.
Outra novidade importante é que se incorporaba á RPT os seguintes postos de persoal que antes figuraban como non permanentes: Delineante Área de Rehabilitación, Axente de Desenvolvimento Local, Orientadora Laboral, Aula Tecnoloxía, Xefe de Grupo encargado Grumir, Xefes de Grupo Grumir (2), Psicólogo Plan Drogadicción, Educadoras Familiares (2) e Animador Deportivo.

Ao tempo na proposta presentada polo Concello amortizabanse da anterior RPT os postos de: auxiliar de polícia, auxiliar de axuda a domicilio, fontaneiro, peón de mantemento, peón limpeza, peón xardíns, conductor.

 POSTURA DA UGT

A convocatoria tomounos por sorpresa polo modo e as formas, algo que se expresou durante a reunión da mesa xeral de negociación. A UGT explicou que o Concello debería ter entregado a convocatoria con tempo para estudiar a documentación e algo primordialque para nós é primoridal,  poder falar cos compañeiros afectados para recoller a súa opinión. Se ben recoñecimos o carácter positivo, pois moitos destes compañeiros necesitan xa unha regularización do seu posto, pois nalgúns casos dende fai anos veñen desempeñando postos totalmente distintos aos que figuran na RPT, tamén sería positivo para os que por fin se incorporarían con carácter permanente a un posto que levan exercendo tamén en moitas ocasións durante anos. 

No apartado negativo, a UGT destacou o modo de facer esta RPT, onde os sindicatos non tiveron ningunha voz, e onde só se lle deu audiencia aos traballadores implicados, para explicarlles cal era a intención do concello, caendo en saco roto as propostas que estes traballadores engadían respecto ás ideas da empresa.

Todo isto motivou que a UGT se abstivese ao entender que non se podía aprobar unha RPT nesas condicións, onde os sindicatos non foron consultados para a valoración dos novos postos, onde as melloras retributivas se aplican sen criterio (a uns si e a outros non), con erros na denominación dos novos postos, na súa valoración ignorando o catalogo de profesións do INCUAl (Instituto Nacional de Cualificacións), pedindo máis requisitos dos precisos nalgúns dos postos tal e como sinalaron delegados doutros sindicatos, erros nas cuantías dos complementos, asignación de funcións de funcionarios a persoal laboral e un longo etc.

E por suposto todo isto convocándonos un día antes de elevar este documento xunto co orzamento municipal a pleno, cando os partidos políticos da oposicións xa contaban cunha copia do mesmo.
Todo isto o que significaba na práctica era que a reunión da Mesa Xeral de Negociación era un simple formalismo, para darnos a coñecer cales eran as intencións do goberno municipal neste senso, pero sen vontade real de negociar, pois entre outras cousas, a cronoloxía dos feitos xa o impedía.

OUTROS PUNTOS
Nesa xuntanza aprobouse cos votos de CSIF e CCOO, e as abstencións de CIG e UGT a representación sindical na mesa xeral de Negociación que será a seguinte:
CCOO -10´82 %
CSIF - 21´63 %
UGT - 30´02 %
CIG - 37´53%

Tamén se informou respecto ás modificacións das cotizacións por enfermidade común e accidente laboral, ou hospitalización que pretendía aplicar o concello, nestes dous últimos casos mantendoo no 100 % dende o 1º día.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores