Benvidos

jueves, 2 de agosto de 2012

Pleno Municipal, Orzamentos e Moción de confianza

O martes 31 de xullo o Concello presentou o orzamento deste ano. Aparellado levou a discusión sobre a RPT da que xa falamos nunha entrada anterior.  Así CXB criticou a tardanza e cuestionou algúns aspectos do documento, pero insistiu na súa necesidade como instrumento para o funcionamento do Concello de Betanzos. Só o concelleiro de Cidadáns por Betanzos (CxB), Pedro Gómez Patiño, apoiou o orzamento presentado polo PSOE.
O BNG, como xa avanzara 24 horas antes e o Partido Popular non respaldaron a proposta orzamentaria socialista.
Durante o debate tal e como recolle a prensa, a oposición recriminou ao goberno local ter deixado deixado para o último minuto a consulta da RPT aos propios trabajadores. A portavoz popular, María Faraldo,  según recolle A Voz de Galicia "despachouse cunha mensaxe críptica cando tachou á nova relación de  «arbitraria». «Esta RPT está hecha a gusto y antojo de quien todo el mundo sabe»" indicou. Mentres que o portavoz nacionalista, Henrique del Río, fixo referencia á relación de sentenzas gañadas por membros do Grumir despedidos e para os cales a readmisión non se contempla coas  correspondentes nóminas nos orzamentos.

MOCIÓN DE CONFIANZA

Así despois de que os prepupostos foran rexeitados o alcalde de Betanzos, Ramón García (PSOE), someterase o vindeiro sábado a unha cuestión de confianza para aprobar o primeiro orzamento del mandato. O Goberno local optou por esta vía tras asegurarse o apoio de Cidadáns por Betanzos (CxB), co que só una improbable moción de censura de PP y BNG lle quitaría o bastón de mando.

A cuestión de confianza é un mecanismo que permite aos gobernos en minoría aprobar asuntos tales como os orzamentos, o regulamento orgánico, las ordenanzas fiscais ou o planeamento municipal sen dispoñer da maioría necesaria.

De non prosperar a cuestión de confianza, os grupos da oposición terán un mes de prazo para presentar unha moción de censura cun proxecto alternativo ao presentado. De non facelo, o asunto de debate quedará aprobado de forma automática.
Os concelleiros que, como o de CxB, teñan votado a favor da aprobación do asunto ao que se vincule a cuestión de confianza no poderán asinar unha moción de censura contra o alcalde nun prazo de seis meses.

Según recolle a prensa o concelleiro de Cidadáns deixou claro onte que o seu voto, unha vez máis será favorable ao Goberno local. Pedro Gómez dixo  "Levamos 4 anos co orzamento prorrogado e iso provoca un desaxuste importantísimo". Admite nos medios que as contas non lle "entusiasman" e que a Relación de Postos de Traballo (RPT) é "mellorable".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Archivo del blog

Seguidores