Benvidos

lunes, 7 de noviembre de 2016

Aclaración sobre os graos de parentesco e os días de permiso por continxencias

Recentemente tivemos algunhas consultas sobre as posibilidades de solicitar un permiso, ante un falecemento dun familiar. Para que teñades claro esas dúbidas,  ddxuntamosvos un cadro explicativo de cal é o grao de parentesco en cada un dos casos.
Tamén podedes consultar os días que corresponden en cada caso e imprimir a solicitude (val tanto para estas continxencias, como para asuntos propios ou mesmos as vacacións).



O Convenio irá ao pleno, para cando?

O pasado 20 de xuño os representantes do Comité de Empresa asinaron o novo convenio colectivo do Concello, mais dende entón o equipo de goberno non deu máis pasos neste sentido e ten paralizado o novo convenio colectivo nas oficinas municipais, sen someter o texto á súa aprobación plenaria.
O equipo de goberno socialista segue a ter arquivado o Convenio Colectivo no Concello sen presentalo ao pleno.

Hai que lembrar que o convenio foi asinado en marzo do 2015, e tras ser sometido a  unha serie de modificacións legais, finalmente asinouse  en xuño deste ano o que debería ser a versión definitiva do mesmo. Pasou o verán e seguimos sen que o PSOE leve o texto ao pleno.  Estamos ante unha falta de vontade en axilizar o asunto, pois non existe neste caso a excusa dunha carencia de fondos ou calquer outro pretexto asociado a un presuposto.

O caso é que despois de varios anos de negociacións e de ter aboado  21.000 euros a unha empresa  por un asesoramento neste tema, este tempo e estes cartos aínda no serviron para nada, por unha teima do goberno local en manter unha situación que non beneficia a ninguén e que mesmo provocou que outras organizacións políticas locais se manifestasen nos últimos tempos apoiando aos traballadores do concello. 

O Concello saca a licitación os traballos de elaboración da RPT

O Concello publicou no BOP a licitación do servizo de "Asistencia técnica e xurídicoa no deseño, confección e implantación efectiva dunha RPT e un Plan de ordenación de RRHH no Concello de Betanzos, anos 2016-2019"
Este ten un prazo de execución de 2 anos e medio.






Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores