Benvidos

martes, 17 de febrero de 2015

Manifestate en defensa das liberdades e do dereito de folga


UGT e CCOO convocan mobilizacións para o 18 de febreiro en toda España, porque asistimos a un retroceso inaceptable das liberdades públicas e das vías de participación democrática. Opoñémonos a este intento de restrinxir dereitos fundamentais, baseándonos nos principios democráticos que emanan da Constitución, e reclamamos a derrogación do artigo 315.3 do Código penal, que vulnera o exercicio do dereito a folga.

A folga é un dereito fundamental recoñecido en case todos os países do mundo, pero estase intentando restrinxir o seu exercicio para, ao tempo, silenciar a cidadanía. Criminalizáronse as actuacións de trescentos sindicalistas en defensa dos dereitos dos traballadores e as traballadoras; entre eles, catro son de Galicia: Carlos, Serafín, Ana e Tamara, todos con penas de prisión de tres anos e esperando a que se lles dea resposta ás peticións de indulto. Mentres tanto, continúan as mobilizacións na súa defensa.
​PARTICIPA!
Mobilizacións 18 F​ ​
LocalidadeHoraLugar
A Coruña20.00Manifestación: Praza Palloza
Vilagarcía12.00Concentración: Praza de Ravella
Ferrol12.00Concentración Fronte edificio Xunta. Praza España.
Lugo20.00Concentración Subdelegación do Goberno.
Burela20.00Concentración Praza da Mariña. Burela
Ourense12.00Concentración diante Subdelegación do Goberno.
Vigo12.00Concentración diante Museo Marco, Rúa Príncipe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores