O pasado 27 de marzo tivemos unha mesa xeral de negociación na que se falou de xornada e horarios. Nesa xuntanzas á que asistiron os sindicatos CCOO, CSIF, CIG e UGT poidemos ver cal era a proposta inicial do Concello de Betanzos ao respecto.
Esta pasa por unha xornada semanal de 37 horas e media de traballo efectivo de promedio en cómputo anual, equivalente a 1664 horas anuais.
Despois distintos epígrafes nos que se falaba de horario xeral (o que se entende de xénerico de oficinas) e horarios especiais para determinados servizos.
Hai propostas negativas como a que respecta á modificació de horarios na que se di expresamente que "non será necesaria a negociación cando a modificación non afecte a máis dun servizo e se comunique previamente aos empregados afectados".
Temos que na práctica neste proposta desaparece a xornada de verán reducida, (haberá que loitar por artellar formulas que a posibiliten).
E as horas extras pasan a ser infimamente valoradas:
PROPOSTA DO CONCELLO CONVENIO VIXENTE
1 hora normal = 1 hora e 15 minutos 1 hora normal = 1 hora e 30 minutos
1 hora mocturna = 1 hora e 30 min 1 hora nocturna = 2 horas
1 hora festiva = 1 hora e 45 minutos 1 hora festiva = 2 horas
1 hora festiva e nocturna = 2 horas. 1 hora festiva e nocturna= 2 horas e 30 minutos
O xoves 4 continuan as negociacións. É o momento de por argumentos e peticións enbia da mesa.
O xoves continuan as negociacións, queremos que participedes e nós fagades chegar as vosas inquedanzas e propostas.
Escribídenos a:
ugtconcellobetanzos@gmail.com
Contándenos cal é o horario actual e cal desexaríades que se aprobase, para vós ou o voso departamento.
É o momento de por argumentos e peticións sobre a mesa.
Benvidos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Páxina da UGT no Concello de Betanzos
- UGT Persoal do Concello de Betanzos
- Betanzos, A Coruña, Spain
- Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos
No hay comentarios:
Publicar un comentario