Benvidos

miércoles, 18 de julio de 2012

Xoves, concentración en Betanzos e movilización na Coruña de empregados públicos.

Os diferentes sindicatos uníronse para denunciar a nefasta política de recortes que leva a cabo o goberno. Entre as medias anunciadas no RDL 20/2012 de 13 de xullo e publicadas no BOE do 14 de xullo. Están a supresión da Paga Extra de Decembro a tódolos empleados públicos cun salario superior aos 962 €/brutos mensuais. Isto na práctica afectaría a un número reducísimo de empregados e está por ver si habería algún no concello, pois algúns dos contratos con salarios máis baixos que non alcanzan os 800 € netos, na súa cuantía bruta superan os 1000 €.
Os cambios tamén afectan aos días de asuntos propios que serán 3 ao ano para os traballadores de tódalas administracións públicas a partir do 2013, suprimíndose os días adicionais por antigüidade, e días adicionais de asuntos propios por trienios. A baixada e conxelación dos salarios no pasado, xunto con este novo golpe en forma de recorte de dereitos sociais e económicos é un novo golpe ao sector público que non podemos, nin debemos permitir.
Para iso convocouse para a xornada do xoves 19 de xullo unha concentración ás doce do mediodía na Praza García Irmáns para que os traballadores do séctor público e a cidadanía en xeral lle fagan chegar aos responsables destas nefastas políticas o seu descontento coas medidas adoptadas. 

Xa pola tarde na Coruña haberá unha movilización conxunta de tódolos sindicatos que sairá ás 20 horas da Praza da Palloza e fará un percorrido ata o Obelisco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores