O Comité de Empresa foi convocado para o martes 4 de outubro, a unha reunión na que se debatiu a proposta de concesión das axudas sociais correspondentes ao ano 2010. Nesa mesa estaban presentes os representantes do comité de empresa (UGT e CIG), do funcionarado, o funcionario da area de persoal o asesor xurídico e o concelleiro de persoal. As axudas sociais rexéronse polas bases vixentes que xa contan con dez anos, pois foron aprobadas no ano 2001.
Un dos puntos de debate nésta reunión foi o que se centrou en se as axudas deben de ser repartidas entre todo o persoal laboral, incluido o persoal laboral con contratos temporais. Nesa reunión procedeuse a unha votación na que o comité de empresa logrou que se aprobase que se admitisen a trámite as dúas solicitudes de persoal que non figuraban na RPT, quedando agora a expensas da interpretación que se faga dende intervención. Tamén se votou sobre outra solicitude realizada fóra de prazo, resultando desestimada que esta fose admitida. O proceso seguido na reunión foi o seguinte, revisáronse as solicitudes unha a unha indicando o nome do traballador/a e os conceptos para os que solicitaba a axuda, no caso de haber algún erro, falta de documentación, etc, unha vez exposta a lista provisional, seralle comunicado para que o solvente no prazo de dez días. Polo tanto nos próximos días poderemos ver as listas provisionais das solicitudes admitidas e denegadas e aquelas que presentan algún erro ou defecto de forma que poderá ser subsanado.
Dende o comité de empresa e dende UGT fíxose especial fincapé en que a convocatoria de axudas debe de ter unha maior publicidade, para que tódolos compañeiros/as de tódolos departamentos poidan acceder en igualdade de condicións ás mesmas, esa publicidade debe ir acompañada dunha maior transparencia coa publicación das listaxes de axudas concedidas.
Tamén se falou e quedou en evidencia a necesidade da realización dunhas novas bases de cara ao futuro, nas que o seu carácter social prime sobre outros criterios
Por otura banda as axudas correspondentes a este ano 2011 poderán presentarse do 1 ao 30 de novembro, cabe lembrar que nas mesmas poden incluirse axudas para a compra de lentes, lentillas, odontoloxía, axudas de estudio e gardería e para próteses. Se tedes algunha dúbida podedes escribir a ugtconcellobetanzos@gmail.com.
No hay comentarios:
Publicar un comentario