Benvidos

miércoles, 26 de febrero de 2020

O Concello levará mañá a pleno a RPT que aprobou co consenso dos funcionarios e a oposición do personal laboral .

Para o  xoves 27 de febreiro de 2020 o Concello incluiu na orde do día a aprobación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Betanzos. Hai que lembrar que este documento aprobouse na Mesa Xeral de Negociación no pasado ano 2019. Nese momento o Concello valeuse do apoio dos sindicatos que representaban ao funcionariado CSIF e CCOO para aprobalo, contando co total rexeitamento dos sindicatos que representamos ao personal laboral UGT e CIG.
Durante as negociacións viuse claramente como os funcionarios incluso se dividían en dous bandos á procura da mellora das súas condicións de traballo, nomeadamente as retributivas. Así o CSIF encarnaba os intereses da policía local, mentres que CCOO tentaba acadar melloras para o personal administrativo e de oficina do Edificio Liceo.
A prensa titula hoxe "Betanzos lleva a pleno la RPT, que deja fuera a más de sesenta laborales temporales"
No texto explícase que 68 dos 84 traballadores non figurarán neste documento. Tamén se fai referencia ás críticas da oposición BNG e PP ao texto que queren aprobar.
O recurso do concello nestes anos tal e como recolle a noticia foi animar aos traballadores a recurrir aos xuzgados para que se lles declare indefinidos. É dicir repercuten o custe dunha mala xestión de personal no traballador. Chegouse a suxerir ou indicar que serían laxos na defensa dos intereses da empresa, algo que no está a acontecer nos xuicios que se están levando a cabo.
No lado oposto temos a concellos como o de Cabanas que neste mes de febreiro ven de convocar varias prazas para o proceso de funcionarización cunhas condicións ventaxosas para os traballadores que están a prestar servizos nesta institución.
En Cabanas facilitan o acceso á praza de funcionario, mentres que en Betanzos habería que denunciar no xuzgado, gañar o xuizo e esperar logo a que convoquen a praza e superar a oposición para conseguir ser laboral fixo, tendo que superar unha segundo oposición si a chegan a convocar para lograr a praza de funcionario. Todo isto cando temos a xente que leva máis de 30 anos en situación irregular non pola súa vontade. Xente que ao borde de xubilarse se ve avocada a denunciar no xulgado, para logo ter que presentarse a unha oposición a menos de 7 anos de que remate a súa vida laboral.

Voltando a como foi o proceso de negociación ao final os funcionarios a través dos seus representantes quitáronse as caretas e tanto os dous policías que representaban ao CSIF como a administrativa que representaba a Comisións Obreiras apoiaron un texto que de ser compañeiros, non deberían ter asinado por non cumprir uns mínimos. Estes pasaban porque a ninguén se lle baixase a categoría actual da praza que ocupa. Despois da aprobación do texto poidemos escoitar argumentos como que algúns compañeiros estaban dacordo con que se fixese isto. Este argumento fundamentabase en que si se chegaba a convocar a praza estos/as traballadores/as estaban máis seguros de poder consolidala optando a ela nun grupo máis baixo. Isto podería chegar a ser aceptable na nosa opinión sempre que se documentase o interés específico destes traballadores/as en que isto fose así. Pero o que si está documentado e que na mesa de negociación se defendeu por parte de UGT e CIG que non se debería baixar o grupo actual a ninguén e sobre todo nos casos de técnicos que contando cun grao universitario se optaba por deseñar a praza para o acceso cun ciclo superior de FP. Imposibilitando así que estes compañeiros/as opten á mesma, cando poderían ter feito algo tan simple como aprobar uns requisitos inclusivos, aceptando a FP ou titulación universitaria, algo que o Concello desbotou en base a criterios económicos. 
A todo isto habería que engadir que se incumplen distintos decretos coas clasificacións e definicións das funcións asignadas. Respecto aos grupos tras unha análise da rpt vemos que suben de grupo 26 postos, dos cales 19 pertencen á policía local, pero baixan de nivel outros tantos compañeiros. 
GRUPOS
SUBEN DE GRUPO.                           BAIXAN DE GRUPO
26 Postos (19 son policías)                     26 postos       

NIVEIS POSTO
Na valoración de nivel vemos de novo como os funcionarios son os grandes beneficiados, pois a igual titulación parten sempre do ecuador da horquilla na que se move ese requisito de acceso, mentres que os laborais parten do punto máis baixo desa horquilla.

EN DEFINITIVA
Consideramos que este documento non é viable nen lóxico pois tal e como expresa o propio documento da RPT en referencia ao artigo 202 da lei 2/2015 “As entidades locais deberán elaborar unha rpt que conteña todos os postos de traballo existentes nelas”. Evidentemente isto non ocurrirá si aprobamos unha rpt que deixe fóra a 68 traballadores.
Graves mentiras como paxina 37 4º paragrafo “si unha persoa ten consolidado un grupo, como é o caso da maioría dos profesionais do concello de Betanzos, non perdería nada coa aplicación dos criterios para os grupos profesionais reflectidos nesta RPT”. Si que perdería pois si se baixa o grupo o salario teriao consolidado, pero afectaría a elementos como as horas extras ou os futuros trienios.
Non equivalencia entre o posto e a denominación, noutros sen embargo si que cambian a denominación. Vinculan postos que nunca tiveron nada que ver a funcións ata agora non atribuidas e que sería imposible desempeñar pola ubicación das instalacións asignadas. 
Instalacións que nalgún caso pasarían a estar no limbo pois a ningún posto se lle atribuen relacións coa emisora municipal, por citar un ejemplo.
Casos de incongruencia extrema, na que se ve a discriminación entre funcionarios e laborais como que un operario de limpeza teña un nivel 13 por ser funcionario e que o encargado do servizo ou outro operario teñan niveis 11 ou 7, só por ser laborais. Hai moitos exemplos neste sentido así un auxiliar administrativo funcionario terá nivel 18 (titulación eso) frente a un arquitecto (personal laboral graduado universitario ) e coas responsabilidades que conleva o posto que terá un nivel 16. Dende UGT tentaremos evitar que este desproposito de documento cheque a discriminar ainda máis ao personal laboral do Concello.







O 2 de marzo remata o prazo de solicitude das Axudas Sociais do 2019

O luns 17 de febreiro abriuse o prazo de solicitude das axudas sociais correspondentes ao ano 2019, o prazo estará aberto ata o 2 de marzo.




Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores