Durante as negociacións viuse claramente como os funcionarios incluso se dividían en dous bandos á procura da mellora das súas condicións de traballo, nomeadamente as retributivas. Así o CSIF encarnaba os intereses da policía local, mentres que CCOO tentaba acadar melloras para o personal administrativo e de oficina do Edificio Liceo.
A prensa titula hoxe "Betanzos lleva a pleno la RPT, que deja fuera a más de sesenta laborales temporales"
No texto explícase que 68 dos 84 traballadores non figurarán neste documento. Tamén se fai referencia ás críticas da oposición BNG e PP ao texto que queren aprobar.
O recurso do concello nestes anos tal e como recolle a noticia foi animar aos traballadores a recurrir aos xuzgados para que se lles declare indefinidos. É dicir repercuten o custe dunha mala xestión de personal no traballador. Chegouse a suxerir ou indicar que serían laxos na defensa dos intereses da empresa, algo que no está a acontecer nos xuicios que se están levando a cabo.
No lado oposto temos a concellos como o de Cabanas que neste mes de febreiro ven de convocar varias prazas para o proceso de funcionarización cunhas condicións ventaxosas para os traballadores que están a prestar servizos nesta institución.
En Cabanas facilitan o acceso á praza de funcionario, mentres que en Betanzos habería que denunciar no xuzgado, gañar o xuizo e esperar logo a que convoquen a praza e superar a oposición para conseguir ser laboral fixo, tendo que superar unha segundo oposición si a chegan a convocar para lograr a praza de funcionario. Todo isto cando temos a xente que leva máis de 30 anos en situación irregular non pola súa vontade. Xente que ao borde de xubilarse se ve avocada a denunciar no xulgado, para logo ter que presentarse a unha oposición a menos de 7 anos de que remate a súa vida laboral.
Voltando a como foi o proceso de negociación ao final os funcionarios a través dos seus representantes quitáronse as caretas e tanto os dous policías que representaban ao CSIF como a administrativa que representaba a Comisións Obreiras apoiaron un texto que de ser compañeiros, non deberían ter asinado por non cumprir uns mínimos. Estes pasaban porque a ninguén se lle baixase a categoría actual da praza que ocupa. Despois da aprobación do texto poidemos escoitar argumentos como que algúns compañeiros estaban dacordo con que se fixese isto. Este argumento fundamentabase en que si se chegaba a convocar a praza estos/as traballadores/as estaban máis seguros de poder consolidala optando a ela nun grupo máis baixo. Isto podería chegar a ser aceptable na nosa opinión sempre que se documentase o interés específico destes traballadores/as en que isto fose así. Pero o que si está documentado e que na mesa de negociación se defendeu por parte de UGT e CIG que non se debería baixar o grupo actual a ninguén e sobre todo nos casos de técnicos que contando cun grao universitario se optaba por deseñar a praza para o acceso cun ciclo superior de FP. Imposibilitando así que estes compañeiros/as opten á mesma, cando poderían ter feito algo tan simple como aprobar uns requisitos inclusivos, aceptando a FP ou titulación universitaria, algo que o Concello desbotou en base a criterios económicos.
A todo isto habería que engadir que se incumplen distintos decretos coas clasificacións e definicións das funcións asignadas. Respecto aos grupos tras unha análise da rpt vemos que suben de grupo 26 postos, dos cales 19 pertencen á policía local, pero baixan de nivel outros tantos compañeiros.
GRUPOS
SUBEN DE GRUPO. BAIXAN DE GRUPO
26 Postos (19 son policías) 26 postos
NIVEIS POSTO
Na valoración de nivel vemos de novo como os funcionarios son os grandes beneficiados, pois a igual titulación parten sempre do ecuador da horquilla na que se move ese requisito de acceso, mentres que os laborais parten do punto máis baixo desa horquilla.
EN DEFINITIVA
Consideramos
que este documento non é viable nen lóxico pois tal e como expresa
o propio documento da RPT en referencia ao artigo 202 da
lei 2/2015 “As entidades locais deberán elaborar unha rpt que
conteña todos os postos de traballo existentes nelas”.
Evidentemente isto non ocurrirá si aprobamos unha rpt que deixe fóra
a 68 traballadores.
Graves
mentiras como paxina 37 4º paragrafo “si unha persoa ten
consolidado un grupo, como é o caso da maioría dos profesionais do
concello de Betanzos, non perdería nada coa aplicación dos
criterios para os grupos profesionais reflectidos nesta RPT”. Si
que perdería pois si se baixa o grupo o salario teriao consolidado,
pero afectaría a elementos como as horas extras ou os futuros
trienios.
Non
equivalencia entre o posto e a denominación, noutros sen embargo si
que cambian a denominación. Vinculan postos que nunca tiveron nada
que ver a funcións ata agora non atribuidas e que sería imposible
desempeñar pola ubicación das instalacións asignadas.
Instalacións
que nalgún caso pasarían a estar no limbo pois a ningún posto se lle atribuen
relacións coa emisora municipal, por citar un ejemplo.
Casos
de incongruencia extrema, na que se ve a discriminación entre
funcionarios e laborais como que un operario de limpeza teña un
nivel 13 por ser funcionario e que o encargado do servizo ou outro
operario teñan niveis 11 ou 7, só por ser laborais. Hai moitos
exemplos neste sentido así un auxiliar administrativo funcionario
terá nivel 18 (titulación eso) frente a un arquitecto (personal
laboral graduado universitario ) e coas responsabilidades que conleva
o posto que terá un nivel 16. Dende UGT tentaremos evitar que este desproposito de documento cheque a discriminar ainda máis ao personal laboral do Concello.