No pasado mes de decembro comezarón as negociacións da RPT, tras o proceso de entrevistas persoais cos traballadores, de cara a efectuar as fichas de cada posto. Tras o verán e tras un parón de casi 4 meses impúxose un calendario de reunións que pretendía conseguir que en 4 reunións se chegase a un acordo sobre a rpt e sobre aspectos delicados como a definición dos conceptos a valorar para valorar o complemento específicos de cada posto (negociación que conleva unha valoración económica). Según se foron sucedendo as reunións de traballo, na terceira reunión de negociación o pasado (22/12/17), atopamonos con que a empresa nos informou de que non estamos a negociar unha modificación da RPT existente, senón que estamos a negociar unha nova RPT. Xa que a do ano 2008, non é válida debido a defectos na tramitación (como a ausencia de negociación cos sindicatos), e a non publicación dun orzamento aparellado á mesma no Boletín Oficial da Provincia.
Polo tanto, a nova RPT que estamos a negociar só podería conter os postos de funcionarios, os do persoal laboral con sentenza e os de cinco postos de persoal laboral fixo que contan cun nomeamento do pleno municipal dos anos oitenta.
Para o resto do persoal laboral o concello aposta ou animaos a acudir ao xulgado na busca do recoñecemento da indefinición se queren que a súa praza se recolla na Relación de Postos de Traballo.
Polo tanto teríamos unha primeira rpt, que recollería os casos antes sinalados e esa rpt iríase ampliando según fosen chegando as futuras sentencias nos casos dos traballadores/as que se animen a denunciar a súa situación laboral. Dende o concello indicouse que aqueles/as que non queiran acudir aos xuzgados, poderán seguir desempeñando o seu posto como ata agora, tendo o actual goberno a intención de non introducir ningún cambio na súa situación e comprometéndose a que non haberá ningún despedimento.

Na última xuntanza tamén houbo discusións acerca de si os interinos deberían figurar na rpt, UGT e CIG consideraban que sí, máis a interpretación da empresa e do concello foi outra.
Por outro banda, na Mesa comezouse a falar dos niveis, e vimos que as posibilidades de negociación foron inexistentes polo menos para o personal laboral. Así o Concello mantén unha asignación de niveis diferentes para o persoal laboral e para o persoal funcionario. Partindo en tódolos casos o personal laboral do nivel máis baixo do intervalo contemplado para ese grupo de funcionarios. Na seguinte táboa pódese ver con detalle o que expresamos na mesa de negociación, "que se debería facer un esforzo por eliminar esas desigualdades na valoración do traballo entre funcionarios e laborais". Finalmente só se tivo en conta unha consideración para subir os niveis de determinados grupos de funcionarios.
Pese ás diferencias evidentes aínda tivemos que escoitar un discurso dun neoliberalismo profundo por parte da empresa redactora da rpt, no que se nos dicía que eramos privilexiados por ser traballadores públicos, e case que se facía unha loubanza da precarización do sector privado e do acceso dos universitarios ao seu primeiro posto de traballo.
O vindeiro xoves 1 de febreiro continuarán as negociacións, neste caso sobre o complementos específico. Dende os sindicatos fixemos aportacións á proposta de valoración presentada inicialmente pola empresa. E estas serán debatidas nesta xuntanza. Das novedades da mesma inforemosvos nos seguintes días.
Mentres podedes dirixir calquera dúbida que teñades ao noso email ugtconcellobetanzos@gmail.com