Benvidos

lunes, 10 de abril de 2017

Comezaron as entrevistas para elaborar a nova RPT

Xa comezaron as entrevistas que a empresa encargada de elaborar a nova RPT está realizando aos traballadores para realizar este novo documento organizativo dos postos de traballos e xerarquías. 


Todos os traballadores ou polo menos un, naqueles postos que teñan que teñan varios traballadores serán obxecto dunha entrevista e estas teñen lugar os martes, tras ser avisados/as na xornada anterior. Nas entrevistas os traballadores e traballadoras poderán falar sobre as súas funcións, e propoñer cambios e melloras. según se indicou nunha reunión inicial celebrada no mes de marzo.

O caso é que os traballadores cos que tivemos ocasión de falar e que xa pasaran por ese proceso da entrevista (dunha media hora de duración aproximadamente) amosáronse un pouco desencantados coa mesma.
Indicaron que algúns departamentos non aparecían nesa xerarquía ordenada da RPT ou encadrados dentro doutros departamentos cos que mantiñan pouca relación. Tamén indicaron que nalgúns casos non aparecían recollidas todas as funcións. En todo caso cabe sinalar que se trata dunha primeira toma de contacto e que agardamos que haxa máis ocasións para solventar estos defectos de forma iniciais.

Todo isto producese trala reunión celebrada o pasado martes 21 de marzo  no Salón Azul do Edificio Liceo. Xuntanza na que se presentou  a empresa que elaborará a Relación de Postos de Traballo á que foi convocado todo o persoal que ten conta de correo electrónico do Concello de Betanzos.

Nesa xuntanza o concelleiro de Persoal presentou á empresa mercantil Quorum Económico S.L., unha mercantil que traballará no Concello de Betanzos da man de Francisco Ferreira Seaone, profesor da USC. Alí indicouse que as instrucións dadas á empresa para a elaboración da nova RPT foron que esta fose novidosa, rupturista e moderna, que non fose unha copia da actual, senón que partise de cero e que nela se inclúan todos os postos existentes na actualidade.
 

Publicados o Convenio Colectivo do Persoal Laboral e o Acordo Regulador do Persoal Funcionario do Concello de Betanzos.

O pasado xoves 6 de abril publicouse no BOP da Coruña o Convenio Colectivo do Persoal Laboral do Concello de Betanzos. Este según se indica no texto entra en vigor ao día seguinte da súa publicación polo tanto a partir do 7 de abril.
Deixamosvos un enlace por si queredes consultar o texto.

CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DO CONCELLO DE BETANZOS







Previamente o venres 31 de marzo publicouse tamén no BOP o acordo regulador das condicións do persoal funcionario do Concello de Betanzos.
Si o desexades tamén podedes consultar o texto.
CONVENIO REGULADOR DAS CONDICIÓNS DO PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DE BETANZOS

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores