Benvidos

jueves, 8 de octubre de 2015

A PUBLICACIÓN DO CONVENIO RETRASASE POR UN INFORME NEGATIVO DA XUNTA

O Concello ven de recibir unha notificación da Xefatura Territorial da Xunta de Galicia, na que se observan unha serie de indicacións sobre o texto do Convenio Colectivo.
A Xunta de Galicia refirese ao mesmo en termos bastante contundentes indicando que "sería necesaria unha revisión total do texto do convenio modificanto aqueles aspectos que non a respecten (a legalidade). En canto á estructuración tamén sería aconsellable adaptala na medida do posible á do texto legal".
A continuación ven a relatar en 6 follas, os artigos e capítulos que deben de ser modificados ou aclarados antes da súa remisión definitiva.
No seu momento dende UGT plantexamos as nosas serias dúbidas a que se poidese converter aos traballadores en indefinidos, pola simple mención nun artigo do convenio.
Algo que ratifica a Xunta indicando que "incurrirán en responsabilidade, nos termos previstos na lei as persoas que coa súa actuación irregular den lugar á conversión en indefinida dunha relación laboral de carácter temporal".
Tristemente este punto foi ilusionante para moitos compañeiros, que se deixaron enganar por esta quimera. Este punto foi advertido expresamente polo noso asesor na Asamblea de Traballadores, na que estes decidiron apoiar o convenio. É bonito vender fume como fixo o outro sindicato, co consentimento do Concello. É impopular decir ás verdades, pero ante iso ou enganar á xente quedamonos co segundo.
Alén disto, nas seguintes páxinas abórdanse distintos puntos, como a estructuración do propio texto, a organización dalgúns artigos. E mesmo a falta de referencias a textos que deben contemplarsen no texto do convenio.
O caso é que na práctica estes reparos da Xunta suporán seguramente que se deberá convocar a Mesa Xeral de Negociación para aprobar un texto coas modificacións oportunas.
Este texto deberá ir de novo ao Pleno do Concello e trala súa aprobación ser de novo remitido á Xunta. Polo que dificilmente teremos un convenio en vigor nos vindeiros meses.
Lamentamos que se produza esta situación, o desexable sería que o texto pasase a revisión da Xunta e fose publicado con celeridade. Pero isto ven a demostrar que algunhas das nosas críticas non eran en balde e que o texto podería atopar problemas para ser aprobado pola Xunta.
Iso, xunto cos nefastos criterios de reparto salarial aplicados polo Concello e co beneplacito da CIG, motivaron o noso voto de abstención (que non rexeitamento) ao Convenio.

Cabe preguntarse tamén:
1) Pola responsabilidade do Concello e pola utilidade de contratar unha empresa externa, que cobra máis de 20.000 euros, que deixa pasar un texto con tantas incorrecións.
2) Pola responsabilidade do Concello que tarda 4 meses en remitir o texto á Xunta, retrasando o proceso de aprobación do convenio.
3) Pola responsabilidade do sindicato CIG que propon un texto, no que aparte de vender algunha quimera como xa explicamos, tamén teima en reflexar ata o máis minimo punto (ex. días de asuntos propios, licencias) en vez de solucionalo con simples referencias á lexislación vixente. Isto foi advertido dende dende UGT no seu momento. Pero con todo isto o que finalmente conseguiron os delegados nacionalistas é que moitos destes artigos xa esten desactualizados, (ex, no Convenio falanse de 5 días de asuntos propios, hoxe en día xa son 6) ou que xa o estivesen no caso de estar xa aprobado o convenio.

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores