Benvidos
jueves, 30 de abril de 2015
O pleno aproba o Convenio, pese aos reparos de secretaría e intervención e á abstención conxunta dos grupos da oposición.
A principios desta semana no pleno municipal o Convenio colectivo do persoal laboral e o
Acordo regulador do funcionariado foron aprobados co voto a favor do
goberno municipal e a abstención do resto dos grupos da oposición (BNG, CXB e PP).
No pleno indicouse que a Intervención
municipal reparou o convenio por non ter cobertura presupuestaria nen valoración dos costes pero ao aprobarse no pleno levantouse directamente o reparo.
Os reparos viñeron tamén por parte da Secretaria Municipal que considera varias clausulas do mesmo "manifestamente ilegais".
A postura maioritaria de UGT frente a este texto foi a de absterse, por entender que era positivo en conxunto, pero ser conscientes de que algúns puntos podían rondar a ilegalidade e sobre todo polo reparto das retribucións, que supoñía que os grupos 4 e 5 os habitualmente máis desfavorecidos obteñan unha ridícula suba, frente á que terán compañeiros do grupo 1 e 2.
O convenio deberán ser enviado polo
Concello ao Consello Galego de Relacións Laborais e entrará en vigor trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.
Deixamosvos o enlace para que consultedes como La Opinión de A Coruña recollía a aprobación deste texto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Páxina da UGT no Concello de Betanzos
- UGT Persoal do Concello de Betanzos
- Betanzos, A Coruña, Spain
- Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos