A principios do mes de agosto a sección sindical da UGT presentou un escrito no que denunciabamos uns feitos que nos parecían de extrema gravidade. Estes remontanse a unha xuntanza que tivo lugar o pasado 23 de xullo para organizar unhas quendas de limpeza no Colexio Vales Villamarin de cara ás vacacións.
Nesa xuntanza según poidemos averiguar unha delegada da CIG, R.F.R dirixiuse a unha compañeira R.C.P en tono despectivo realizando acusacións sobre a súa forma de realizar o traballo, e utlizando para elas expresións totalmente despectivas e denigrantes só ofrecemos dúas mostras "eres un cuarto de mujer, que no sirves para trabajar" ou "si estas ciega de un ojo haz el favor de ir a vender el cupón de la ONCE", todo isto nun ton alterado e agresivo.
Ante estes feitos contrastamos a información con algunha das testemuñas presentes e coa persoa que sufriu os insultos e descalificacións. Unha persoa que leva de baixa dende o día seguinte aos feitos reseñados, posto que a discriminación e acoso que sufriu remontase á súa incorporación ao servizo de limpeza, un mes aproximadamente antes do suceso sinalado. Según a traballadora afectada, o acoso por parte de R.F.R foi constante con descalificacións e mesmo con ameazas.
A coincidencia dos relatos aportados levounos a presentar unha denuncia contra a traballadora R.F.R por acoso laboral. Consideramos inaceptable que un compañeiro se dirixa a outro nesos termos, independientemente de si ten razón ou non.
Ante a diverxencia de posturas sobre como se esta a realizar unha tarefa existen outros mecánismos, como recurrir ao encargado da área, ou ao concelleiro responsable, pero nunca aceptaremos que un ou unha se tome a xustiza pola súa man, actuando como se fose o sheriff do pobo, pero con modais e prácticas de pandilleiro xuvenil.
O curioso é como o sindicato nacionalista CIG recurre ao victimismo unha e outra vez, acusando de que estan a se perseguidos sindicalmente, cando neste caso son eles os que perseguen e acosan e xuzgan a un compañeiro, aínda que nesta ocasión actuan ao modo siciliano, querendo facer ver que ese incidente foi unha anécdota, unha Cousa Nosa que dirían eles. É dicir, unha pecata minuta, que non debería empañar a imaxe de "bos e xenerosos" compañeiros da CIG que se autoxustifican dicindo que eles simplemente apoian aos traballadores que fan ben o seu traballo frente aos que non o fan. Algo que nos daría para un segundo capítulo, Quen son eles para xuzgar si un compañeiro fai ben ou non o seu traballo?.
En síntese, dende a UGT queremos deixar claro que a denuncia se puxo, por considerar inaceptable que alguén falte ao respeto a outra persoa neses termos e de xeito reiterado. Algo que reiteraremos onde faga falta, e algo que se podería ter solventado cun bo traballo educativo de base, na escola, no fogar e no sindicato.
Queremos delegados que ante todo saiban ser persoas e compañeiros, cos que se poida tratar sen que se empoleiren, humillando ao outro. En definitiva, non queremos lobos con pel de cordeiro.