Pola súa banda o Concello levou unha proposta ao pleno que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos
políticos para prorrogar por un ano a vixencia do convenio
colectivo. A proposta do Concello foi a de prorrogalo por un ano frente á do Comité que buscaba que o convenio estivese
vixente ata a aprobación e entrada en vixencia dun novo convenio.
Agardamos que as negociacións se retomen e podamos arranxar e acordar con celeridade os puntos que quedan pendientes de tratar coa administración para poder ter es marco normativo que nos permita unha maior seguridade a todos os traballadores deste concello.
En todo caso a Audiencia Nacional deu un xiro importante nestas últimas semanas á situación, pois nunha sentencia establece claramente que seguen vixentes aqueles convenios colectivos aprobados antes da Reforma Laboral, que teñan algunha clausula que estableza que o convenio se prorrogará automáticamente mentres non se asine un novo.