O Concello volveu a cometer un erro ao abordar o tema das alegacións aos presupostos municipais e a RPT. Ata agora non se dira unha avalancha de reclamacións como nesta ocasión na que presentaron reclamacións o Comité de Empresa, os sindicatos e traballadores a título individual, sumando estas máis de 50 en total.
Os erros cometidos pola Administración Municipal neste asunto foron varios:
1) Cremos que o procedimento para abordar estas alegacións dada a cantidade de escritos presentados e a súa importancia sería a de convocar un pleno extraordinario no se abordasen estas unha por unha, votándose polo grupos do pleno cada un dos puntos que se solicitase en cada alegación.
2) Outro erro no procedimento foi que a día de hoxe, ningún sindicato ou traballador (que nós saibamos), obtivo unha reposta directa ás súas reivindicacións. Tendo que conformarse con asistir ou escoitar o pleno e facerse unha idea de si foi desestimada ou non.
3) Non se lles facilitou aos grupos da oposición copia de tódalas alegacións, para que poideran intervir, preguntar e interesarse por elas. Simplemente tiveron nas mans un informe dos servicios xurídicos do Concello, no que indicaban que estas debían desestimarse en bloque, e só atender a aqueles puntos que pedían a readmisión de traballadores do Grumir e a modificación orzamentaria para efectualo.
4) Os plantexamentos de dar carpetazo a máis de 50 alegacións individuais (sen contar as dos sindicatos) é totalmente erróneo e sen sentido, pois moitas delas simplemente pedían a subsanación de errores na elaboración (seguramente por unha mala transcrición), como cambiar o tipo de xornada que se fai ou o grupo ao que se pertence.
En canto ao discurso dos outros grupos pois non cremos que estivesen á altura tampouco, o PP botando en cara o número de alegacións presentadas, tentando erixirse no que non é (son o partido dos recortes de dereitos, conxelación de salarios, eliminación de pagas, promesas incumpridas no anterior goberno, lembrade que ían a subir o soldo a tódolos traballadores deste concello, e acaban de aprobar en Madrid unha lei que permite ERES e despidos masivos nas administracións públicas). Ademáis de ser os responsables da anterior RPT na que non houbo esa cantidade de alegacións, pero na que tampouco solucionaron a situación de moitos traballadores que o goberno local pretendía arranxar ben ou mal, neste momento.
CXB enganchados de fai tempo ás políticas populistas, volveron a tomar o argumento do GRUMIR e a súa readmisión, para tentar cambiar a súa postura. Defenden que o gasto en personal se leve máis dun 50 % do presuposto non é defendible, pero non investigan cantos traballadores se levan unha cuantía esaxerada nese reparto, ou si esta porcentaxe se incrementou porque o concello recauda menos que en tempos de bonanza económica. Quedaronse coa análise simplista e de culpabilizar ao empregado público. Algo que se volveu a ver noutro punto da orde do día na que solicitason que se instalen sistemas de control horario nos centros de traballo. Según indicou o concelleiro de persoal estes dispositivos poderían custar 10.000 €, máis o mantemento correspondente, nuns tempos nos que non hai partidas para renovar equipos informáticos, equipamentos e outras infraestructuras básicas para a atención ao cidadán, ¿é esta racionalización do gasto que defenden?
O mesmo aconteceu co BNG que pediu a demisión do concelleiro. Obviando tal e como se lles espuxo que eles tamén tiveron responsabilidade de goberno no seu momento (lembremos que tódolos partidos da actual corporación a tiveron) e que tampouco souberon facer as cousas ben no seu momento, por iso temos a RPT que temos hoxe en día. As cousas fixeronas mal todos, incluso os nacionalistas nas súas áreas de goberno, pese a contar cun reducido número de traballadores.
En fin, que pola falta de negociación duns, e polo intento de tirar réditos políticos doutros estamos como estamos, no mes de novembro e sen saber aínda que pasará coa RPT.
Como última novidade podemos dicirvos que o 31 de novembro a presidencia do Comité de Empresa reuniuse foi recibida polo concelleiro de persoal e este indicoulles que, logo do pleno, non
sabe como está o tema, e que está esperando un informe da asesoría
xurídica que achegue un pouco de luz sobre isto.