O 7 de maio, a Alcaldía ditou unha Resolución en relación á solicitude de vacacións onde se comunica o seguinte:
1. Que se deben solicitar as vacacións anuais como moi tarde ata o vindeiro 19 de maio e no caso de non facelo será adxudicadas unilateralmente por parte da Administración
2. Que as vacacións anuais así como os distintos permisos a partir da data de resolución, 7 de maio, deberán solicitarse no modelo oficial que se aproba e achegarse a documentación xutificativa para cada permiso.
Traslado de domicilio: fotocopia do certificado de empadroamento.
Concorrencia a exames ou probas de aptitude: xustificante de asistencia do centro no que se realicen os exames.
Continxencias familiares
Nacemento ou adopción de fillos: fotocopia do certificado de nacemento ou adopción.
Enfermidade (grave) ou accidente ou falecemento dun familiar: certificado ou parte médico no que conste o carácter grave.
Por matrimonio: fotocopia do certificado de matrimonio
Acompañamento á consulta médica: certificado no que conste a persoa consultada.
O modelo de solicitude novo, nun principio deberíano achegar a todos os departamentos mais se alguén non dispón del que o solicite en persoal ou que se poña en contacto con calquera dos delegados da UGT.