Benvidos

jueves, 14 de julio de 2011

Traballando nun novo convenio

O pasado xoves 7 de xullo tivo lugar a primeira reunión de traballo do Comité de Empresa do Concello de Betanzos, na orde do día figuraban os seguintes puntos:

1.Aprobación, da acta da sesión anterior
2. Información sobre o tema da impugnación de CCOO
3.Valoración do Comité da reunión co alcalde e o delegado de persoal
4. Información sobre o estado das solicitudes rexistradas no Concello
5. Información sobre a solicitude de paralización da convocatoria da praza de auxiliar administrativo pola CIG
6. Eixes de traballo para os vindeiros meses
7. Quenda de intervencións.

 Nesa primeira reunión acorsouse comezar a traballar no novo convenio e  marcouse unha nova reunión do Comité de Empresa para o vindeiro 5 de agosto onde se achegarán as primeiras propostas para o novo texto. Igualmente, acordouse que o novo convenio como marco normativo do persoal laboral do Concello debería sair adiente co maior consenso posible para así redundar en beneficio dos traballadores/as .
Na xuntanza marcáronse prazos, acordando que se procederá  á súa denuncia a finais do mes de setembro e antes de finais de outubro terán que convocar a Mesa de Negociación, tal e como indica o artigo 2.2. "o convenio considerarase denunciado cando así se faga con tres meses de antelación á finalización da súa vixencia ou de calquera prórroga, a fin de iniciar as negociacións dun novo acordo antes dun mes contado a partir da data de denuncia".

Nos vindeiros días haberá reunións de traballo de UGT para traballar sobre a proposta de convenio que se achegará ao Comité de Empresa, unha vez acordado o texto no Comité,  a intención é que se facilite unha copia desa proposta a todos os/as traballadores/as do Concello para que fagan as súas propostas e suxestións nunha asemblea de traballadores convocada polo Comité de Empresa exclusivamente con esa finalidade entre os meses de setembro e outubro. Esa proposta final presentaráselle ao Concello nas Mesas de Negociación e a partir de aí comezará o proceso para conseguir un novo marco normativo para o persoal laboral do Concello de Betanzos e consonte ao marco lexislativo actual.

Páxina da UGT no Concello de Betanzos

Mi foto
Betanzos, A Coruña, Spain
Blog no que se recollen as novidades das melloras e reivindicacións laborais da UGT no Concello de Betanzos

Seguidores